HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez asiste á presentación da Costa Atlántica MTB Tour, que chega...

Rafa Domínguez asiste á presentación da Costa Atlántica MTB Tour, que chega a Pontevedra do 4 ao 6 de abril

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta mañá no Concello de Pontevedra á presentación da nova edición da Costa Atlántica MTB Tour, a competición de bicicleta de montaña que chega á provincia entre o 4 de o 6 de abril e que ten a cidade de Pontevedra como base. Esta proba, que conta co apoio da institución provincial e que vai “amosar a fortaleza dos nosos ciclistas e tamén as espectaculares paisaxes naturais coas que contamos nesta provincia”, asegurou Rafa Domínguez.

O vicepresidente lembrou que “este goberno ten claro que o deporte é unha área estratéxica para o desenvolvemento da provincia” e sinalou que “estamos traballando moito, da man de todos os concellos, clubs e entidades, para que poidamos acoller grandes citas deportivas que nos poñen no mapa”, como a Costa Atlántica MTB Tour, que contará cunha etapa nocturna pola cidade de Pontevedra e dúas etapas de 80 e 65 quilómetros.

Publicacións Relacionadas