O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres á apertura da reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da Dor AGARyD que se celebrou na delegación da Xunta de Galicia na cidade de Pontevedra. O encontro celebrouse baixo o lema “Liderando o futuro ideal, por un camiño posible, en Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da Dor” e buscou reflexionar sobre os retos do sistema sanitario cun enfoque innovador, humanizado, sostible, dixital e cunha mellor experiencia tanto dos profesionais como dos pacientes.