HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez asiste no Museo de Pontevedra á proxección do filme ‘Me...

Rafa Domínguez asiste no Museo de Pontevedra á proxección do filme ‘Me has robado el corazón’

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este martes no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra á proxección da película ‘Me has robado el corazón’. Producida por Ficción Producciones e baseada nunha idea orixinal do pontevedrés Alberto Arruty, é un dos proxectos que se beneficiaron do programa de axudas provincial Rías Baixas Acción, orientado á promoción e acompañamento de proxectos culturais e audiovisuais no territorio.

A estrea en Pontevedra reforza o papel da Deputación como impulsora do talento e a creación contemporáneos, consolidando o Museo como un espazo privilexiado para o encontro coa cultura cinematográfica. O acto contou coa presenza dos protagonistas da película, Óscar Casas, Ana Jara, Antonio Pagudo, Xurxo Carreño, Lucía Veiga e Francis Lorenzo, xunto á directora Chus Gutiérrez e parte do equipo produtor.

Publicacións Relacionadas