Home Deputacións Deputación Pontevedra Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio...

Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio histórico, artístico e cultural de Santa Clara en Pontevedra están “moi avanzadas e van polo bo camiño”

- Anuncio -

“Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión cuxa consecuencia está a ser  o traslado a Santiago do retablo do convento de Santa Clara, que levaba séculos na nosa cidade”, lamentou o vicepresidente provincial

A Deputación de Pontevedra avanza “polo bo camiño” para manter o patrimonio histórico, artístico e cultural de Santa Clara na capital da provincia. Así o asegurou o vicepresidente provincial Rafa Domínguez no día no que comeza o traslado do retablo do convento a Santiago. “Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión, cuxa consecuencia está a ser o traslado a Santiago do retablo de Santa Clara, que levaba séculos na nosa cidade”, lamentou o vicepresidente.

“Non podemos esquecer que se trata dunha obra histórica, dun elemento que está na memoria de todos os pontevedreses, dun espazo ante o que tanta xente da nosa cidade rezou, que levaba séculos en Pontevedra. É unha mágoa que este retablo tan ligado a esta cidade, con tanta historia, teña que marchar a Santiago por unha mala xestión de Lores”, afirmou Domínguez.

Fronte a este feito, o vicepresidente remarcou que a vontade da Deputación é “intentar poder manter o resto do patrimonio de Santa Clara en Pontevedra, para o desfrute de todos os pontevedreses”.  Neste eido insistiu que as xestións coas clarisas están “moi avanzadas” e “van polo bo camiño, agardando a que se asine o acordo para que poida ser unha realidade”.

Relacionadas

O concello de Bueu organizará as II Xornadas de Exaltación do Polbo que se...

0
Os locais hostaleiros interesados en participar poderán inscribirse antes do 1 de marzo de forma presencial, por correo electrónico ou teléfonoSilvia Carballo, concelleira de...

Luis Menor anima aos concellos a adherirse ao programa da Deputación para elaborar un...

0
A iniciativa, aprobada no pleno do pasado mes de decembro, permitirá que os 91 municipios destinatarios poidan sumarse ata o próximo 30 de marzo...

Novos cursos Celga no concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas informa da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos Celga 2, Celga 3 e Celga...

0
O deputado de Dinamización do Medio Rural participa na visita da oficina itinerante do programa AceleraPyme a Maceda O deputado de Reto Demográfico e Dinamización...

O PP esixe solucións urxentes para a rede de sumidoiro e o abastecemento de...

0
• Otero solicita crear “un abastecemento municipal complementario e non que o Concello asuma a xestión do sistema actual de traídas veciñais, como pretende...

A Deputación convoca as axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística das entidades locais...

0
As entidades locais teñen un mes de prazo para presentar as solicitudes para estas axudas destinadas a crear ou manter e reforzar servizos destinados...

Publicacións Relacionadas