O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, xunto co secretario xeral da Lingua, Valentín García, o comisario da Bienal de Arte, Antón Castro, e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, o libro “Esencia e paixón dunha viaxe” do profesor de Forcarei afincado na Boa Vila, José Raposeiras. “Un libro no que se aprecia á perfección algunha das características que mellor definen ao autor: o seu amor polo ensino, por chegar aos outros e facerlles ver novas ou mesmo vellas realidades con outros ollos”, subliñou.
Tamén recordou o vicepresidente os principais aspectos que se trasladan a través “desa viaxe polos dous mundos polos que transita a obra: o rural, no que naceu e medou o autor, e o urbano, esta Pontevedra que tanto lle deu”. Neste eido recordou que estes “dous mundos, o rural e urbano, definen a toda a provincia de Pontevedra, unha provincia que mira cara adiante sen perder de vista o que fomos e o que somos”.