O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na Facultade de Belas Artes na apertura da mesa de debate para afondar en como facer fronte ás lesións. A actividade, na que se deron cita Javi Gómez Noya, Andrea Fuentes, Antía Garcia e Xisela Aranda, directora de Deportes da Deputación de Pontevedra, enmárcase na Cátedra do Deporte que teñen en marcha a institución provincial e a Universidade de Vigo para estender a provincia do deporte ao eido do coñecemento.



