O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que foi presentado polo seu director, Xan Leira. No acto, no que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, puido verse o documental, de 45 minutos de duración, no que interveñen históricos galeguistas e diversas personalidades da vida política e cultural galega como Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, ou Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao. Trala proxección celebrouse o coloquio “Alfonso Castelao, onte, hoxe e mañá”, moderado polo xornalista Guillermo Campos e no que participaron Francisco López “Chesqui”, Xoán Antón Pérez Lema e Teresa Táboas.