Home Deputacións Deputación Pontevedra Rafa Domínguez participa na presentación da sétima Andaina Ultreia, que chegará á...

Rafa Domínguez participa na presentación da sétima Andaina Ultreia, que chegará á provincia o 6 de abril

- Anuncio -

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na presentación da sétima Andaina Ultreia, que este ano se celebrará o domingo 6 de abril unindo as cidades de Tui e Pontevedra a través do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. Organizada polo Diario de Pontevedra e a Agrupación Deportiva HQR!, coa colaboración da Deputación, contará con catro distancias de entre 19 e 52 quilómetros, e o prazo de inscrición continúa aberto ata o 23 de marzo, ao prezo de 17 euros no tramo actual (ata o 4 de marzo). A proba ten carácter solidario e recollerase roupa e calzado deportivo que será repartida durante a vindeira Semana Santa no Sáhara en colaboración coa ONG Rally Solidario.

Rafa Domínguez felicitou a agrupación e o xornal pola iniciativa e asegurou que a Ultreia “é un auténtico reto para calquera que participe nela, pero que tamén permite vivir unha xornada na que valores como a convivencia, o compañeirismo e a superación van da man en todo momento, bebendo do espírito de convivencia dos peregrinos na antigüidade”. O vicepresidente lembrou que o deporte é a grande aposta da Deputación pero tamén o carácter simbólico do Camiño como revulsivo turístico para a provincia, “un escenario que atrae a centos de camiñantes, con sendeiros únicos e un espírito diferente: queremos que quen veña viva experiencias 100% Rías Baixas, porque sabemos que cando o fan convértense para sempre en prescritores da provincia”.

Relacionadas

A lucense Alba López gaña o XLII Concurso Internacional de Mozos Manejadores de Frisón...

0
• A COMPETICIÓN CONTOU CON 34 PARTICIPANTES DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, BALEARES E FINLANDIA • CELEBROUSE ESTA TARDE NESTA V FEIRA PROFESIONAL DE...

O xalleiro Iker García, campión do XX Concurso de Preparadores de Gando Frisón GandAgro´25

0
CELEBROUSE HOXE NA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2025 ESTA TARDE TAMÉN SE ESTÁ LEVANDO A CABO O XLII CONCURSO...

Luis López destaca a relación estreita entre o ciclismo e a provincia, que volverá...

0
“O ciclismo é o estandarte da provincia do deporte e o complemento perfecto para o modelo de turismo das Rías Baixas”, afirma López na...

O Concello de Tui impartira o novidoso programa “Coida o corpo” en todas as...

0
A inscrición abre o próximo luns. A actividade comezará no mes de marzo O Concello de Tui desenvolverá a partir do próximo mes de marzo...

700 inscritos na 3ª edición de CorreMos contra o Cancro

0
-          O recadado coas inscricións vai destinado á AECC de Mos -          Os interesados en participar na andaina aínda poden facer a súa inscrición o propio domingo...

O BNG de Vigo denuncia a pinza de PSOE e PP para “impoñer un...

0
Critican que o Partido Popular urxa agora a aprobación definitiva dun planeamento elaborado na escuridade dos despachos e sen atender miles de alegacións veciñais A...

Publicacións Relacionadas