HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez participa na presentación do Congreso Flúor de comunicación, publicidade e...

Rafa Domínguez participa na presentación do Congreso Flúor de comunicación, publicidade e márketing

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na presentación do Congreso Flúor, o maior evento sobre comunicación, publicidade e márketing de Galicia, patrocinado pola institución provincial. O vicepresidente sinalou que “o 15 e 16 de maio Pontevedra volverá acoller a grandes nomes da creatividade con actividades que serán o berce de novas ideas, que inspirarán tanto a profesionais consolidados como a novas promesas nesta xuntanza de talento onde se sumarán sinerxías que xermolarán en alianzas e proxectos innovadores”.

Rafa Domínguez agradeceu o Cluster da Comunicación de Galicia, organizadora do congreso, por “escoller Pontevedra como escenario deste congreso e por facer que vaia ser un fervedoiro de grandes ideas”, e sinalou a grande “oportunidade” que supón para “que os profesionais aprendan dos seus referentes e teñan un escaparate, para reivindicar o ben que facemos aquí as cousas”. Na sétima edición do Congreso Flúor participarán, no auditorio de Afundación, nomes como Xisela López, Laureano Turienzo, María Canle, Jorge Sandua ou Marián Mouriño.

Publicacións Relacionadas