HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez subliña o papel protagonista de Pontevedra como provincia de cultura...

Rafa Domínguez subliña o papel protagonista de Pontevedra como provincia de cultura e de letras no arranque do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes

- Anuncio -spot_img

“Somos unha provincia de arte, de cinema, de música, de libros. Somos a provincia da cultura e temos aos mellores embaixadores, a persoas que dan boa mostra por todo o mundo do talento feito en Pontevedra”, remarcou Domínguez

O vicepresidente destacou a oportunidade que representa este encontro para que a mocidade amante da literatura e da escritura poida escoitar e intercambiar dúbidas con grandes escritores como  Ledicia Costas e Jorge Volpi e mañá con Laura Ferrero e Manuel Jabois

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra  Rafa Domínguez subliñou esta tarde na inauguración do II Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes o papel protagonista de Pontevedra como provincia de cultura e de letras. “Somos unha provincia de arte, de cinema, de música, de libros. Somos a provincia da cultura e temos aos mellores embaixadores, a persoas que dan boa mostra por todo o mundo do talento feito en Pontevedra”, remarcou Domínguez ao referirse a Ledicia Costas, quen compartiu co tamén escritor Jorge Volpi a primeira das sesións do encontro, centrada en “Por que escribimos”.

O vicepresidente provincial destacou a oportunidade que representa este encontro xuvenil para que a mocidade amante da literatura e da escritura poida escoitar e intercambiar dúbidas con grandes escritores como Ledicia Costas, Jorge Volpi ou Laura Ferrero e Manuel Jabois, que tomarán o relevo aos dous primeiros na sesión deste venres, para afondar en cuestións relacionadas co xornalismo e a ficción.

O Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes naceu o pasado ano para dar resposta ao crecente interese amosado pola mocidade nas iniciativas de creación literaria e artística, manifestado no incremento de solicitudes de participación na categoría de traballo literario breve dos Premios Provinciais á Xuventude. Esta segunda edición, baixo o lema “Escribir o que non se ve”, está a contar cunha elevadísima afluencia de público, que esgotou as prazas ofertadas o que obrigou á institución a trasladar o encontro do Museo ao Salón de Plenos do Pazo provincial.

Publicacións Relacionadas