HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez subliña que o único responsable de que os edificios centrais...

Rafa Domínguez subliña que o único responsable de que os edificios centrais do Museo de Pontevedra sigan pechados é Mosquera

- Anuncio -spot_img

“Agradezo moitísimo o interese que ten agora Mosquera nos edificios centrais do Museo. Ogallá tivera o mesmo cando os mantivo dez anos pechado e sen ningunha intención de reabrilos”, remarcou o vicepresidente provincial

“En menos de dous anos temos desbloqueado o proceso, que non tiña ningún trámite do procedemento administrativo avanzado, redactamos un proxecto definitivo e desde febreiro témolo xa en Patrimonio”, recordou Domínguez

“Agardamos que en canto Patrimonio dea o visto e prace Mosquera priorice esta actuación que tanto lle preocupa e demostre, con feitos, que está implicado”, asegurou o vicepresidente

Rafa Domínguez subliña que o único responsable de que os edificios centrais do Museo de Pontevedra sigan pechados é Mosquera.  Neste eido, o vicepresidente provincial recordou que “cando chegamos á Deputación atopámonos que nin se tiña iniciado o procedemento administrativo para esta actuación, que soamente había un proxecto moi básico. O señor Mosquera non tiña os deberes feitos e todo este retraso ten provocado a perda de tres millóns de euros, así que agradezo moitísimo o interese que ten agora nos edificios centrais do Museo. Ogallá tivera o mesmo cando os mantivo dez anos pechados e sen ningunha intención de reabrilos”.

Durante o período no que Mosquera ocupou o posto de vicepresidente provincial, oito anos, e a pesar de comprometerse a iniciar as obras “inmediatamente”, “esqueceu seguir os pasos dos trámites administrativos que requiren todas as obras”, indicou Domínguez quen explicou que “é necesario ter en primeiro lugar un proxecto rematado, que non o había; o visto e prace de Patrimonio, que non o tiña; licencia municipal, que non existía; e despois licitar, adxudicar o contrato e iniciar as obras. Trámites que, cando comezamos a gobernar na Deputación non estaban feitos, nin iniciados”.

Neste eido, o vicepresidente provincial manifestou que “non se preocupen os pontevedreses e as pontevedresas porque nós estamos traballando con responsabilidade e rigor para cumprir o compromiso de devolver estes espazos á cidade”.  “En menos de dous anos temos desbloqueado o proceso, que non tiña ningún trámite do procedemento administrativo avanzado, redactamos un proxecto definitivo que inclúe o camarote de Méndez Núñez, ao contrario do que quería Mosquera, e desde febreiro témolo xa en Patrimonio”, recordou Domínguez. Neste eido, engadiu que “agardamos que en canto Patrimonio dea o visto e prace, Mosquera priorice esta actución que tanto lle preocupa e demostre, con feitos, que está implicado”.

Publicacións Relacionadas