Home Deputacións Deputación Ourense Recepción no Pazo Provincial aos representantes da plataforma ProCAPD

Recepción no Pazo Provincial aos representantes da plataforma ProCAPD

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta tarde no Pazo Provincial a unha delegación da plataforma ProCAPD, dando así resposta á petición dun encontro coa presidencia da institución provincial,  realizada en días pasados polo propio colectivo.

Xunto á deputada de Política Social, Patricia Torres, e membros da área de Benestar da Deputación, na reunión tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón.

Na convocatoria, os representantes da plataforma expuxeron as súas demandas ante a próxima posta en marcha do novo Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense. 

Pola súa banda, os representantes da Xunta de Galicia deron a coñecer os detalles das instalacións e do modelo de xestión que se quere implantar. Entre tanto, o presidente da Deputación destacou que Ourense terá por fin un centro cunhas modernas instalacións que darán resposta ás necesidades das familias das persoas discapacitadas e cunha xestión que tamén vai garantir unha atención de calidade.

Relacionadas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 10 acordos na súa...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 10 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Termalismo Social provincial supera as 1000 prazas nas primeiras 36 horas desde a...

0
O 28 de xaneiro ás 00:00 horas abría o prazo de presentación de solicitudes do Programa de Termalismo Social provincial e, transcorridas 36 horas,...

A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a publicación “Castromao”, de Francisco Fariña...

0
Trátase dunha Guía pretende ser unha invitación a achegarse a Castromao (Celanova, Ourense) e aproveitar para gozar da paisaxe e coñecer algún dos elementos...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Deputación reforza a súa colaboración coa Asociación de Empresarios de Valdeorras para consolidar a...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Empresarios de Valdeorras, destacando “o dinamismo” deste colectivo que...

A Deputación inaugura a Oficina Transfronteiriza de Apoio á Transición Enerxética para asesorar proxectos...

0
O deputado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, visitou as instalacións dende as que se prestará servizo técnico e xurídico a todas...

Publicacións Relacionadas