Home Deputacións Deputación Ourense Rosendo Fernández destaca na presentación de Funergal “o alto grao de especialización...

Rosendo Fernández destaca na presentación de Funergal “o alto grao de especialización dun evento que reúne negocio, competitividade e formación”

- Anuncio -

O vicepresidente provincial felicitou a Expourense polo regreso do “único encontro internacional do sector que se organiza este ano na península ibérica”

Destacou que durante a pandemia “o sector demostrou unha enorme capacitación, froito da preparación e formación” que se potenciará coa celebración do 2º Congreso Internacional de Directivos Funerarios

A 11ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, que conta co apoio da institución provincial, celebrarase en Expourense os días 19 e 20 de maio reunindo a 65 expositores de 8 países

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da 11ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal, que co apoio da institución provincial celebrarase en Expourense os días 19 e 20 de maio reunindo a 65 expositores de 8 países. Un evento “cun alto grao de especialización”, destacou Fernández na súa intervención, “que reúne nun mesmo encontro actividades tan importantes como o negocio, a competitividade e maila formación”.

Rosendo Fernández estivo acompañado na presentación de Funergal por Manuel Pardo, xefe territorial de Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia en Ourense; Rubén Campo Fidalgo, presidente da Asociación Provincial de Empresas Funerarias de Ourense; José Luis Varela; vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Funerarias; e Rogelio Martínez, director xerente de Expourense.

O vicepresidente provincial felicitou á dirección de Expourense polo regreso dun encontro que, no seu formato de feira, levaba sen celebrarse desde hai catro anos, xa que ao seu carácter bienal súmase a suspensión de 2020 pola pandemia, parabéns que estendeu ao feito de que se trata do “único encontro internacional do sector que se organiza este ano na península ibérica”

Durante a pandemia, dixo Rosendo Fernández, “o sector demostrou unha enorme capacitación que é froito da preparación, formación e especialización”, aspectos que seguen a potenciarse coa celebración, coincidindo con Funergal, do 2º Congreso Internacional de Directivos Funerarios, coa participación de 22 relatores de España, Arxentina e México.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas