Home Deputacións Deputación Ourense San Xoán de Río aborda oportunidades financeiras europeas e boas prácticas para...

San Xoán de Río aborda oportunidades financeiras europeas e boas prácticas para xestionar incendios forestais e adaptación ao cambio climático”

- Anuncio -

A sesión formativa programa FIREPOCTEP+, no que colabora a Deputación e que se desenvolveu onte e hoxe en San Xoán de Río, analizou polo miúdo estes aspectos coa presenza dos deputados provinciais de Medio Ambiente e Dinamización do Medio Rural, José María Lago e Xosé Miguel Pérez Blecua, respectivamente

Durante a xornada de hoxe, no marco do evento do programa FIREPOCTEP+, Finnova e diversos expertos ofreceron unha sesión formativa sobre oportunidades de financiamento europeo e casos de boas prácticas para impulsar o desenvolvemento de proxectos e accións innovadoras en tema de prevención e extinción de incendios forestais, adaptación e mitigación ao cambio climático. Esta xornada, na que colabora a Deputación de Ourense, contou coa presenza dos deputados provinciais de Medio Ambiente e Dinamización do Medio Rural, José María Lago e Xosé Miguel Pérez Blecua, respectivamente

Juan Manuel Revolta, director xeral da Fundación Finnova, e José Manuel Requena, coordinador en Finnova de FIREPOCTEP+, presentaron as oportunidades financeiras e mecanismos de financiamento crave para os países veciños España e Portugal. A continuación, interviñeron os expertos centrados no tema de incendios forestais. Ana María Atienza Pérez, técnico de Xestión no ámbito de Servizo de Xestión e Protección Forestal de Murcia, falou do proxecto SocialForest: unha loita integral contra o impacto do cambio climático en áreas forestais do espazo SUDOE.

Belinda Guerra Burtón, da Dirección Xeral do Patrimonio Natural e Política Forestal de Castela e León, ilustrou o impacto de dous proxectos no territorio transfronteirizo e o papel imprescindible que o Centro do Lume de León xogou nos últimos anos.

Ana Belén Pereiro, investigadora na Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa, explicou o impacto do proxecto ALERT-PFAS na protección de áreas naturais do territorio SUDOE, afectadas por incendios forestais. Pereiro destacou que este proxecto céntrase na detección e prevención dos PFAS, contaminantes persistentes que representan un risco para a saúde e o medio ambiente.

Ademais das consecuencias dos incendios forestais, destacouse o tema de prevención por parte de Esther Hontañón, investigadora do Grupo de Nanosensores e Sistemas Intelixentes (NoySI) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno de España, que presentou SenForFire: unha innovadora rede de sensores para a detección temperá de incendios.

A Sesión de Stakeholders concluíu coas intervencións de Carmen Jarne Lardiés e Jose Manuel Escuín Finol, ambos os investigadores do Grupo de Nanosensores e Sistemas Bioanalíticos do Departamento de Química Analítica da Universidade de Zaragoza.

Ao final, os asistentes presenciais visitaron a Base de Medios Aéreos contra Incendios de San Xoán de Río, en Ourense, remodelada en xullo de 2024 con 1,2 millóns de euros de investimento – como parte do Plan de Infraestruturas 2021-2026 – dotando ao persoal de mellores instalacións para o seu labor na loita contra incendios.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas