HomeDeputaciónsDeputación PontevedraSmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros catro obradoiros online

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros catro obradoiros online

- Anuncio -spot_img

Ata o 12 de febreiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre creación e difusión dunha marca turística, SEO, impresión 3D e deseño web

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a creación e difusión dunha marca turística, SEO, impresión 3D e deseño web con Elementor.

En concreto, este martes 9 impartirase o obradoiro “Creación e difusión dunha marca turística”, a cargo de Mariana Rosa, graduada en turismo. O mércores 10 será a quenda de “Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”, que será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual.

Pola súa banda, o xoves 11, o experto universitario en Robótica Manuel Freire, impartirá “Impresión 3D V: laminador cura I”, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido ás semanas anteriores e, o venres 12, Laura Carrera, posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, introducirá os conceptos básicos do construtor gratuíto de páxina de WordPress en “Deseña a túa páxina web de maneira sinxela con Elementor”.

Publicacións Relacionadas