HomeDeputaciónsDeputación OurenseÚltima semana para solicitar as axudas da Deputación ao emprendemento feminino, que...

Última semana para solicitar as axudas da Deputación ao emprendemento feminino, que acadan os 75 proxectos presentados

- Anuncio -spot_img

As solicitudes poden realizarse ata o vindeiro mércores 15 de outubro

Xa se presentaron iniciativas procedentes de 30 concellos; con sectores destacados como a hostalaría ou o ámbito sociosanitario

O novo programa provincial de emprendemento en feminino, para mulleres menores de 35 anos empadroadas na provincia, afronta os últimos días de solicitude -ata o 15 de outubro- .A participación, ata o día de hoxe, acada os 75 proxectos presentados, procedentes de 30 concellos. “EmprendOU en feminino” dá continuidade á vontade da Deputación de apoiar a actividade económica creada por novas empresarias en Ourense, especialmente no rural. Neste sentido, dende a área de Benestar animan ás emprendedoras a solicitar a axuda, xa que aínda queda crédito orzamentario para atender máis proxectos.

Ata a data de hoxe, as solicitudes correspóndense con emprendedoras dos concellos de Allariz, Amoeiro, Bande, Barbadás, Barco de Valdeorras, O Bolo, O Carballiño, Cartelle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Leiro, Maceda, Manzaneda, Oímbra, Ourense, Pereiro de Aguiar, Pobra de Trives, Porqueira, Punxín, Ramirás, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Verea, Verín, Vilamarín, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

En canto aos sectores das solicitudes, un número importante de solicitudes correspóndense con empresas do sector da hostalería, con proxectos como un restaurante mexicano no Carballiño ou unha pulpeira en Amoeiro, pasando por multitude de cafeterías e bares en máis de 20 municipios.

O sector socio sanitario tamén copa gran parte dos proxectos, con iniciativas como clínicas de saúde, farmacias ou gabinetes de psicoloxía, en moitos casos en municipios que carecían destes servizos.

Desde a área de Benestar da Deputación de Ourense están a tramitarse todos os expedientes co obxectivo de que nos 15 días seguintes á finalización do prazo se abonen todas as axudas.

Bases das axudas

As bases reguladoras da convocatoria da subvención do programa de “EmprendOU en feminino” publicáronse no BOP o pasado mes de agosto. A Deputación ofrece axudas ás persoas físicas que, a partir do 1 de xaneiro de 2023, iniciasen a súa actividade empresarial ou profesional por conta propia (autónomas), como sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra entidade mercantil, incluídas as cooperativas ou entidades de economía social. En todo caso, terán que solicitar o acceso a estas axudas a título individual.

Entre os requisitos fundamentais, destaca que as beneficiarias deben ser emprendedoras menores de 35 anos, empadroadas nalgún concello da provincia de Ourense e que conten cunha antigüidade mínima de 6 meses na actividade empresarial á data da solicitude. A axuda é o 50% do Salario Mínimo Interprofesional do ano 2025, 592 euros.

A subvención adxudicarase por orde de entrada no rexistro das solicitudes correctamente cubertas xunto coa documentación precisa ata esgotar o orzamento.

Estas axudas serán compatibles con outras axudas, subvencións, ingresos e recursos recibidos pola persoa beneficiaria, procedente de calquera administración, ente público ou privado, nacional ou internacional.

Para calquera consulta pode facelo ao teléfono 988317863; ademais toda a información está dispoñible na web emprendedoraou.com

Publicacións Relacionadas