Home Deputacións Deputación Pontevedra Últimos días para participar no “Hub contra a fenda dixital e a...

Últimos días para participar no “Hub contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural” da Deputación

- Anuncio -

O programa de formación dixital desenvolverase nos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña

Últimos días para presentar solicitudes para participar como alumno ou persoa influente no programa “Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no rural”, que a Deputación de Pontevedra desenvolve nos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña. O programa inclúe unha formación destinada a maiores de 50 anos para alfabetizalos dixitalmente e capacitalos en competencias dixitais co fin de facilitar as súas relacións coas administracións públicas, na que se pode solicitar participar ata o vindeiro xoves, 15 de febreiro.

As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa como alumnos deberán ter nacido antes de 1973 ou acreditar discapacidade, prestar servizos de axuda a domicilio ou ter a condición de persoa coidadora con maiores a cargo, sempre que sexan maiores de 18 anos. No caso dos influencers (persoas destacadas a nivel municipal e con capacidade de mobilización e influencia sobre outras grazas á demostración en primeira persoa dos beneficios que lles pode reportar o uso de ferramentas sociais) deben ser maiores de 18 anos e estar empadroadas nalgún dos concellos participantes.

Unha vez seleccionados os participantes, 50 en cada concello, desenvolveranse sete accións formativas que versarán sobre a administración electrónica, o Sergas online, a banda móbil, as redes sociais ou a creación de vídeos. Cada acción formativa terá unha duración de 5 horas e ao final delas haberá un servizo de titorías, dun mínimo de 20 horas, co fin de que o alumnado adquira axilidade, destreza e desenvoltura no uso das ferramentas dixitais e poida formular dúbidas sobre os coñecementos adquiridos.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas