Home Deputacións Deputación Pontevedra Un carballo lembra´ra a memoria de Millán Otero na praza do concello...

Un carballo lembra´ra a memoria de Millán Otero na praza do concello de Moaña desde este sábado

- Anuncio -

A alcaldesa Leticia Santos asegura que a ubicación da árbore é “moi simbólica” posto que a praza quedou “liberada para a veciñanza” grazas a que o ex alcalde negociou coa promotora que pretendía edificar nela

O alcalde de Bueu Félix Juncal anima á veciñanza de Bueu a asistir ao acto do domingo para recoñecer a un bueués “cosmopolita e universal”

Un carballo e unha placa co mesmo epitafio de Ramón Cabanillas -‘Quero na lousa que me dea sosego esta palabra que ten as, Poeta, e esta palabra que ten luz, Galego’-, lembrarán dende este sábado ao ex alcalde e poeta Xosé Manuel Millán Otero na praza dianteira do Concello de Moaña. Ambas pezas plantaranse e instalaranse no acto de homenaxe institucional organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Moaña co gallo do segundo cabodano do seu falecemento.
No acto, que se desenvolverá a partires das 11.30 horas da mañá, participarán a deputada de Patrimonio Documental e Bibliográfico, a alcaldesa Leticia Santos, o presidente da AELG Cesáreo Sánchez e o escritor Manuel Romeu, responsable do limiar e da publicación da ‘Obra Poética Completa’ de Millán que se presentará grazas á edición da editorial da Deputación de Pontevedra. O evento contará tamén coa colaboración musical de Xosé Manuel Budiño e coa interpretación de varios poemas a cargo de Dani Costas, Marta Dacosta, Miriam Ferradáns, Lucía Durán e Lucía Costas.
A deputada de Patrimonio Documental María Ortega destacou que o libro de Millán é unha das pezas que a Deputación se enche de orgullo de publicar, por recoller “a inmensa calidade literaria dunha persoa da provincia que era tan grande poeta como persoa. É fundamental difundir o seu legado”. Subliñou que a publicación será repartida nas bibliotecas públicas municipais e nos centros de ensino da provincia, e destacou que tamén se entregará un exemplar –de balde- a todas as persoas que se acheguen á homenaxe.
Pola súa banda, a alcaldesa de Moaña Leticia Santos animou á veciñanza do Morrazo a acudir ao acto como agradecemento ao labor feito por Millán como alcalde. Destacou, neste sentido, que a localización do carballo na súa honra é “moi simbólica”, xa que exemplifica o que o nacionalista fixo pola veciñanza do municipio.
Santos lembrou que a Praza do Concello de Moaña, hoxe un xardín para uso público, inicialmente ía ser edificado conforme os aproveitamentos urbanísticos aprobados, “sen embargo, Millán logrou liberar o espazo negociando habilmente coa promotora para que construíra noutra ubicación e deixara esa contorna nese espazo tan singular para todas e todos nós e que nos identifica”.
“Millán na súa etapa como alcalde foi unha persoa que tivo sempre claro que a calidade de vida viña pola preservación dos espazos públicos e por gañar espazo para a veciñanza. Dende Moaña temos moito que agradecerlle a el e ao seu equipo pola súa visión en canto a todo o urbanismo. Hoxe temos sorte de gozar de moitas instalacións e espazos públicos que non terían sido posibles sen a aposta que fixeron os seus gobernos” lembrou Santos, sinalando que hoxe se está a licitar a construción do centro de saúde nos terreos que comezou a mercar Millán cando era rexedor.
Tamén sinalou a alcaldesa que a elección do carballo como árbore que se plantará este sábado foi moi sinxela, xa que representa o seu labor no concello e a el como persoa: “é do país, modesta, resistente e acubíllanos coa súa sombra”, finalizou.
O domingo continúa a homenaxe en Bueu
O domingo 30 será a quenda da homenaxe institucional no Concello de Bueu ás seis e media da tarde na Casa do Pobo de Beluso, parroquia onde naceu Millán. Alí presentarase de novo a ‘Obra Poética Completa’ a cargo de Manuel Rei, e participarán a deputada María Ortega e o alcalde Félix Juncal. A nota musical poraa a agrupación Xardín Desordenado, que musicará varios dos poemas de Millán Otero.
Neste caso Juncal destaca que o acto será un emotivo recoñecemento a un home que naceu e pasou os primeiros anos de vida en Bueu pero que é necesario recoñecelo como “cosmopolita e universal”. Subliñou o seu perfil político comprometido, a súa capacidade de xestión e tamén os seus valores de xustiza e solidariedade social.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas