Home Pontevedra Caldas Valga pide á Deputación subvencións para contratar outro mestre ou mestra compostadora

Valga pide á Deputación subvencións para contratar outro mestre ou mestra compostadora

- Anuncio -

O Concello quere aumentar o persoal para a compostaxe coa fin de implantala como base da xestión global de residuos no municipio


A Deputación de Pontevedra vén de recibir do Concello de Valga a solicitude de subvención para contratar unha nova mestra ou mestre compostador municipal co que reforzar o seu servizo actual e implantar a Compostaxe como base da xestión global de residuos no municipio.

A Deputación concedeu ata o de agora ao Concello de Valga unha subvención para a consolidación do Plan Revitaliza no territorio que ascende a 239.384 euros euros e xa está a cofinanciar o pago do actual persoal de compostaxe. Grazas á subvención recibida, o goberno local puido mercar, ademais do camión e do furgón entregados hai unhas semanas, unha trituradora, módulos para os centros de compostaxe comunitaria, realizar as obras das plataformas para instalar cos centros, material de traballo, caixóns de estruturante, 1.000 composteiros individuais e tamén material informativo para a veciñanza,
Segundo xa destacou o vicepresidente Mosquera, o Concello de Valga está a traballar na Compostaxe dunha maneira moi satisfactoria, polo que a nova subvención contribuirá a que o proxecto de xestionar o lixo baseándose na Compostaxe sexa un éxito aínda maior.
O persoal contratado grazas ás axudas provinciais nesta última convocatoria de axudas pasará a formar parte do plantel de traballadores municipal durante un prazo de tres anos e encargarase de desenvolver o modelo de xestión de lixo baseado na compostaxe, xestionando os centros de compostaxe comunitaria, revisando e controlando os composteiros individuais, e atendendo á cidadanía.


Segundo explica o vicepresidente César Mosquera, a Xunta de Goberno aprobou a mediados de abril as bases da convocatoria para as subvencións. Trátase da terceira vez que a Deputación facilita a contratación de persoal aos concellos adheridos ao plan de compostaxe provincial, tendo outorgado na primeira convocatoria axudas para contratar trece postos técnicos e catorce na segunda. Nesta ocasión, e tralas consultas previas e mediante estudos de campo realizados polo persoal técnico provincial, estimábase que as necesidades de persoal nos concellos quedarían cubertas cun máximo de 15 novos mestres compostadores, mais finalmente as solicitudes (Oia, Ponteareas, Porriño, Tomiño, Valga ademais de O Salnés con Vilagarcía, Sanxenxo e Mancomunidade do Salnés) cubriranse con nove.
Ao igual que na anterior convocatoria, a Deputación subvencionará aos concellos o 100% das retribucións dos mestres e mestras compostadoras o primeiro ano (12 meses). Tendo en conta os prazos para a tramitación do expediente, a subvención correspondente ao ano 2021 abarcará un período de seis meses, polo que o importe máximo do financiamento nesa anualidade de 2021 ascenderá á cantidade de 222.129,90 euros. O segundo ano a Deputación farase cargo do 50% do custe laboral e o terceiro ano do 30%.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas