HomeDeputaciónsDeputación PontevedraViravolta Títeres leva "A maleta de Don Attilio" a Fornelos de Montes...

Viravolta Títeres leva “A maleta de Don Attilio” a Fornelos de Montes da man do Ciclo Teatral da Deputación

- Anuncio -spot_img

A función terá lugar este venres 20 de outubro ás 11:00 horas no CEIP Doutor Suárez e está dirixida a público infantil e familiar

O CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes será escenario este venres, 20 de outubro ás 11:00 horas, de “A maleta de Don Attilio”, un espectáculo de Viravolta Títeres que chega no marco do “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano.

A peza da compañía lalinense é unha traxicomedia que aborda o amor imposible entre a estrela do circo de Don Attilio, Toni Bombillo, e María, a filla de Don Próspero, preboste do barrio alto. Dúas marionetas de orixes moi distintas que rematarán demostrando que o amor sempre triunfa e que as autoridades non serán capaces de separar aos noivos. A obra está dirixido a un público infantil e familiar.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra vai achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

Publicacións Relacionadas