Home Deputacións Deputación Pontevedra Volven os "Roteiros Literarios" con cinco percorridos por espazos de Vigo, Moaña,...

Volven os “Roteiros Literarios” con cinco percorridos por espazos de Vigo, Moaña, Vilagarcía, Pontevedra e Lalín

- Anuncio -

A sexta edición do programa da Deputación e a AEGL ofrecerá percorridos guiados por María Xosé Porteiro, Anna R. Figueiredo, Xurxo Alonso, Adolfo Caamaño e Xoán Carlos García Porral por lugares nos que se ambientan obras literarias propias ou alleas

Volven os Roteiros Literarios organizados pola Deputación e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia da man de autoras e autores galegos, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas que se ambientan en diversos espazos da súa xeografía. Nesta sexta edición serán 5 os roteiros, que se celebrarán durante as fins de semana do mes de xuño e que se espallarán polos concellos de Vigo, Moaña, Vilagarcía, Pontevedra e Lalín, guiados por María Xosé Porteiro, Anna R. Figueiredo, Xurxo Alonso, Adolfo Caamaño e Xoán Carlos García Porral. Terán un total de 125 prazas (25 cada un) e as inscricións abriranse o vindeiro luns 15 de maio a través dun formulario en www.depo.gal. As persoas interesadas poderán solicitar un máximo de dúas rutas.

Os itinerarios, que en todos os casos comezarán ás 11:30 e finalizarán ás 13:00 horas, arrancarán o sábado 3 de xuño en Vigo, co roteiro guiado pola xornalista, política e escritora María Xosé Porteiro, que dará a coñecer ás persoas participantes as orixes da actual parroquia de Lavadores, que fora concello antes de anexionarse a Vigo en 1949 e tiña a súa capital no Calvario. Ao día seguinte, 4 de xuño, celebrarase a ruta Aconteceu en Moaña da man da escritora Anna R. Figueiredo na que, partindo do Auditorio Celso Parada, revisaranse espazos desta vila protagonistas de pezas da ficción narrativa.

O domingo 11 de xuño terá lugar o Roteiro Literario Vilagarcián, co autor e pintor Xurxo Alonso, xunto ao que as persoas participantes visitarán espazos como o Colexio León XIII, a Imprenta Celta, a botica do escritor Lisardo Barreiro e o Instituto laboral. E o domingo día 18 o programa chegará a Pontevedra da man do escritor Adolfo Caamaño que guiará a ruta O espazo urbano pontevedrés como materia literaria, cunha ruta que se desenvolverá por espazos emblemáticos do barrio do Burgo, a cidade medieval e do ensanche contemporáneo. O programa finalizará o domingo 25 de xuño cun Roteiro histórico-literario por Lalín guiado polo investigador Xoán Carlos García Porral. O punto de encontro será a igrexa de San Martiño de Lalín de Arriba e visitaranse a Igrexa, as estatuas de Ramón María Aller Ulloa e de Joaquín Loriga, o Museo Municipal Aller Ulloa e o Castro Tecnolóxico.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas