Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Delegación do Goberno en Galicia concede os recoñecementos Meninas aos equipos...

A Delegación do Goberno en Galicia concede os recoñecementos Meninas aos equipos Viogen da Garda Civil, á Marcha Mundial das Mulleres, e ao Burela Fútbol Sala Feminino

- Anuncio -
  • Completan os recoñecementos a Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller de Galicia-ASOCIM  e o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo
  • José Miñones subliña que “son o mellor exemplo de como a sociedade galega alza a súa voz contra a lacra da violencia machista e as desigualdades” 
  • Lembra que “esta tarefa esixe da unión de tódalas forzas e ámbitos da sociedade”
  • Instáurase unha mención honorífica a medios de comunicación que se distinguen na sensibilización contra a violencia de xénero e a igualdade e que recae este ano na xornalista ourensá Cristina Huete

A Delegación do Goberno en Galicia concede os recoñecementos Meninas 2022 aos equipos Viogen de Galicia da Garda Civil, á Marcha Mundial das Mulleres, á Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller-ASOCIM, ao equipo feminino do Burela Fútbol Sala e ao Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo. O xurado destes recoñecementos, presidido polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, vén de fallar a quinta edición destes recoñecementos en Galicia con motivo da próxima celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Tras coñecerse este fallo, o delegado do Goberno, José Miñones, trasladou as súas felicitacións ás responsables das entidades galardonadas e subliñou delas que “son o mellor exemplo de como a sociedade galega alza a súa voz contra a lacra da violencia machista e as desigualdades”, lembrando que esta tarefa esixe do compromiso e da unión de tódalas forzas e ámbitos da sociedade. José Miñones anunciou que as Meninas entregaranse nun acto institucional que se celebrará o vindeiro 21 de novembro no Hostal dos Reis Católicos en Santiago.

Os recoñecementos Meninas foron instituídos polo Goberno de España co obxecto de poñer en valor a persoas e institucións que incorporaran estratexias, iniciativas ou proxectos para combater a violencia sobre as mulleres e promover a igualdade. En Galicia este ano o recoñecemento alcanza a cinco entidades e institucións e engádese unha mención honorífica, que recae nesta ocasión na xornalista ourensá Cristina Huete Vales.

Fallo do xurado

Xunto co delegado do Goberno, José Miñones, o xurado completouse coas persoas titulares das subdelegacións provinciais: María Rivas, Isabel Rodríguez, Emilio González e Maica Larriba. Contou coas propostas da Unidade de Violencia de Xénero da Delegación e as súas unidades provinciais de coordinación. Nas súas deliberacións recibiron tamén aportacións da sociedade galega e achegas de candidaturas, que concluíron nun fallo final. Nel recóllense as motivacións de cada un dos recoñecementos:

O recoñecemento Meninas aos equipos Viogen de Galicia da Garda Civil achéganos o traballo destas unidades, creadas en 2022 como impulso da resposta da Garda Civil fronte á violencia de xénero. Estes equipos supuxeron un cambio substancial na forma de actuación da Garda Civil para avanzar a unha resposta integral no ámbito da loita contra a violencia de xénero.

Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia-ASOCIM representa a unha cincuentena de centros de información á muller de Galicia e loita contra a discriminación e pola promoción activa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes como garantía dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais. A Asociación tamén realiza unha labor de reivindicación e defensa dos centros e do seu persoal, de forma que contribúe á que a cidadanía coñeza o seu traballo e aumente a súa sensibilidade cara as cuestións de igualdade e de prevención da violencia machista.

No caso do Burela Fútbol Sala Feminino, o xurado recoñece o paso adiante que supuxo a sinatura, en 2018 e no seo desta entidade, do primeiro convenio colectivo para mulleres deportistas, con cláusulas específicas de conciliación e promoción profesional . Unha decisión histórica que tomou en solitario o club lucense e que constitúe un exemplo de como aplicar de forma efectiva a igualdade entre homes e mulleres no deporte. Nestes anos, o equipo feminino realiza accións de sensibilización e concienciación contra a violencia sobre a muller, dedicando partidos á loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes e enviando mensaxes de sensibilización contra esta lacra.

O recoñecemento Meninas á Marcha Mundial das Mulleres premia o traballo desenvolvido por este colectivo feminista que reúnes, desde o 2000, a grupos de mulleres que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Leva a cabo accións para a eliminación da violencia de xénero que teñen un gran impacto na sensibilización, visibilización, concienciación e eliminación da violencia contra as mulleres.

Por último, o xurado recoñece ao Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo, integrado por estudantes de ESO e Bacharelato deste centro que traballa pola transformación social necesaria e urxente, capaz de superar o machismo, repensar a sexualidade e construír unhas relacións máis libres nunha sociedade máis xusta. Desde o seu nacemento, hai máis de 10 anos, moitos centros de secundaria están replicando o  proxecto, de tal forma que o espírito do Comando contáxiase por toda Galicia e fóra de Galicia. Cabe resaltar tamén o seu labor na prevención, a través de accións directas, como a produción de pósters, obras de teatro, ou conversacións e relatorios.

Mención honorífica a medios de comunicación

Os recoñecementos Meninas 2022 conceden, por primeira vez, unha mención honorífica a medios de comunicación para recoñecer o labor de xornalistas e empresas xornalísticas que se significan na tarefa da loita contra a violencia de xénero, tanto na sensibilización fronte a esta lacra coma no rigor informativo do seu tratamento. No deseño desta mención, o xurado contou coa colaboración do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, e quere poñer o foco no papel que xogan os medios de comunicación na promoción da igualdade e no proceso de prevención, detección e reparación da violencia contra as mulleres.

Nesta primeira ocasión, o xurado concede esta mención honorífica a Cristina Huete en recoñecemento á traxectoria profesional desta xornalista ourensá na que sobresae o seu compromiso coa igualdade e os dereitos das mulleres. Cristina Huete é licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e exerceu en distintos medios de comunicación galegos como La RegiónFaro de Vigo ou La Voz de Galicia ata o ano 2006, cando se incorpora a El País.

Programación con motivo do 25 de novembro

A entrega dos recoñecementos Meninas completa un ambicioso programa de actos con motivo do 25 de novembro, impulsado pola Delegación do Goberno e as subdelegacións nas catro provincias. Estes actos comezaron o pasado mes de outubro e inclúen exposicións, xornadas formativas e accións de sensibilización.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas