O Presidente da institución provincial asinou un convenio de colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común desta parroquia trabadense para arranxar o teito, que actualmente presenta tellas rotas e numerosas filtracións
A Deputación de Lugo financiará con 40.000€ a reparación da cuberta da teleclub da parroquia de Vilaformán, no municipio mariñán de Trabada. O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración con Juan José Reigosa Pérez, representante da Comunidade de Montes en Man Común de Vilaformán, co fin de que se realicen estas actuacións.
Os traballos consistirán na substitución das tellas deterioradas por outras novas de lousa impermeables. Actualmente a cuberta atópase en mal estado, con moitas tellas rotas, o que provoca que se produzan numerosas filtracións no interior. Esta situación impide que a veciñanza se poida reunir e organizar actividades, debido a que non se garanten as condicións de seguridade e confort axeitadas.