Home Lugo A Mariña Central A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz para ordenar de xeito eficaz e responsable o seu territorio

- Anuncio -

Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación urbanística sostible dos concellos de menos de 5.000 habitantes

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal (PBM) do Concello de Alfoz para que conte cun instrumento eficaz e responsable de ordenación do territorio. Así o subliñou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, nunha visita a este municipio lucense.

A responsable autonómica asinou a resolución pola que se aproba inicialmente o PBM e salientou que Alfoz é o décimo cuarto concello de Galicia e o sétimo da provincia en superar este trámite. O obxectivo final é contar cunha ferramenta que permitirá impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible dos concellos de menos de 5.000 habitantes para garantir un territorio ordenado.

Nesta liña, logo de indicar que tras este trámite o seguinte paso será iniciar o procedemento de información pública e solicitar todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva, a vicepresidenta segunda en funcións explicou que este PBM establece dous núcleos urbanos e 117 núcleos rurais repartidos en nove parroquias dos que 79 son tradicionais, catro comúns e 34 que combinan ambas condicións.

Patrimonio do concello

A maiores, o plan de Alfoz -que conta cunha poboación de algo máis de 1.500 habitantes- tamén identifica e cataloga ata 153 elementos do patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e etnolóxico, dos que 28 están declarados Ben de Interese Cultural (BIC).

Ángeles Vázquez lembrou queo obxectivo xeral destes plans básicos municipais é acadar un uso racional do territorio e a protección dos seus valores naturais e patrimoniais. Trátase, polo tanto, dun instrumento moi respectuoso e necesario para os veciños que viven en Alfoz e para quen queira investir neste municipio pois garante o desenvolvemento dun urbanismo responsable.

Ao mesmo tempo, esta ferramenta contribúe a frear o despoboamento dos concellos pequenos poñendo en valor as súas potencialidades ao impulsar actividades como as agrarias, gandeiras, forestais, tecnolóxicas, turísticas, deportivas, cinexéticas ou culturais, entre outras.

A Xunta xa ten aprobados definitivamente catro plans básicos municipais -os do Páramo, Trabada, Riotorto e Ribeira de Piquín- e está a traballar noutros 20, entre os que se inclúe o de Alfoz. O Goberno galego destina un orzamento de preto de 1,9 millóns de euros á redacción dos distintos documentos e á elaboración da cartografía que levan aparellada co obxectivo de contar cun instrumento vital para protexer e poñer en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo deses concellos de menos de 5.000 habitantes.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

A Xunta subliña que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros de Nogueira...

0
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na presentación do proxecto Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín...

Publicacións Relacionadas