Home A Coruña A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse nos Centros...

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para matricularse nos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias e Guísamo

- Anuncio -

― Ofértanse prazas nos ciclos de formación profesional de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural, Produción Agroecolóxica, Paisaxismo e Medio Rural e no de Xardinería e Florería

― Trátase de ciclos en modalidade dual intensiva, polo que os estudantes poderán poñer en práctica a formación teórica que reciban obtendo ademais unha remuneración económica desde o primeiro ano

O prazo para matricularse nos graos medios e superior dos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, no concello lucense de Ribadeo; e Guísamo, na localidade coruñesa de Bergondo; segue aberto.

No Pedro Murias ofértanse os Ciclos medios de FP Dual intensiva de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Produción Agroecolóxica. O primeiro céntrase en cuestións silvícolas, como as instalacións forestais ou a sanidade vexetal. Ademais, impártense materias relacionadas coa conservación de especies cinexéticas e piscícolas, así como as nocións necesarias sobre control fitosanitario. O alumnado deste grao medio conta cun amplo abano de saídas profesionais, como son, entre outros, o de especialista en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas, motoserrista, traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación dos hábitats forestais ou auxiliar de traballos de control de depredadoras e especies invasoras.

Mentres tanto, os estudantes de Produción Agroecolóxica poderán traballar como agricultores, avicultores, apicultores, criadores de gando ou produtores ecolóxicos. Para iso, os estudos están focalizados en fundamentos agronómicos e zootécnicos, a implantación de cultivos ecolóxicos e en principios de sanidade vexetal. Tamén recibirán nocións sobre infraestruturas e instalacións agrícolas; así como en produción gandeira e vexetal de xeito ecolóxico.

En Guísamo, o ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.

A maiores, o ciclo medio de Xardinería e Florería permite adquirir a capacitación necesaria para realizar traballos en horta e viveiros, a instalación, mantemento e melloras de xardíns, parques urbanos e xardíns históricos e botánicos unha vez cursen os módulos que compoñen o ciclo.

Formación práctica remunerada
Cabe sinalar que estes ciclos forman parte da modalidade Formación Profesional Dual intensiva, polo que os estudantes poderán recibir formación teórica no centro educativo e ao mesmo tempo poñela en práctica -remunerada- nun centro de traballo. Deste xeito, o alumnado formarase de forma teórica e práctica tanto no centro educativo como na empresa. Isto favorece a súa inserción laboral, xa que ao rematar o ciclo o estudante contará con experiencia previa.

Aquelas persoas interesadas en matricularse, poderán solicitar máis información nas webs de cada un dos centros ou nos números de teléfono: 982 828 552 (Pedro Murias) ou 881 88 10 57 (Guísamo).

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas