Home Lugo A Mariña Occidental A recollida de enseres e voluminosos en Viveiro, de semanal a esperar...

A recollida de enseres e voluminosos en Viveiro, de semanal a esperar mes e medio polo servizo

- Anuncio -

“A Recollida de Enseres e Voluminosos é un servizo municipal que recolle os residuos que non teñen cabida nos contenedores de lixo habituais. Un servizo imprescindíbel que necesita dun bo funcionamento desde calquera concello, pero que en Viveiro pegou un gran baixón nos últimos meses chegando ao punto de ter que agardar mes e medio como mínimo por unha recollida, incluso con límites absurdos de 4 bultos”, asegura a portavoz do BNG, Míriam Bermúdez.

Esta xestión está sendo levada a cabo por unha nova empresa externa de limpeza despois de que lle rematase o contrato á anterior. Un servizo privatizado que debe ser supervisado en todo momento polo Goberno Municipal para que se dea cumprimento de todos os puntos do contrato asinado.

Tendo en conta os antecedentes de María Loureiro na xestión das supervisións municipais que son de obriga no seu cargo, fainos dubidar e incluso atrevémonos a dicir, que raro sería que este contrato si estivera controlado.

Semanas atrás, a alcaldesa atacaba á veciñanza por deixar os enseres ás portas do Punto Limpo, mais para evitar isto o propio sería ofrecer desde o Concello un servizo funcional e eficaz; sen atrasos, sen límites e incluso ampliándoo á recollida de plásticos da gandeiría no rural, axudando a este sector xa perxudicado polo peche do Matadoiro, un servizo municipal menos que ten Viveiro pola ausente supervisión do Goberno Municipal.

Querendo mellorar esta situación, Míriam Bermúdez solicitará á alcaldía a seguinte información para ver como restaurar este servizo público para o seu funcionamento normal e axeitado:

Tendo en conta que este servizo se contrata vía telefónica chamando ao Concello de Viveiro, é obvio que coñecen o detrimento do mesmo. Non fixo nada o Goberno para remedialo?

Quen tomou a medida de restar a capacidade deste servizo, limitando os bultos de recollida e a gran tardanza a levalo a cabo?

A alcaldía está a supervisar todas as obrigas por contrato do novo servizo de Limpeza e Punto Limpo? Porque non se están a cumplir algunha delas?

Tomou en consideración esta alcaldía, ampliar esta recollida incluíndo os plásticos no rural e facilitar así o traballo actual e o asentamento de novas gandeirías?

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas