HomeTerra de LemosA Pobra de BrollónA Vicepresidencia investirá 115.000 euros no albergue municipal da Pobra do Brollón

A Vicepresidencia investirá 115.000 euros no albergue municipal da Pobra do Brollón

- Anuncio -spot_img

Maite Ferreiro apuntou que o aloxamento mellorará os servizos arredor do Camiño de Inverno ao seu paso pola Ribeira Sacra
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 115.000 euros para a creación do albergue municipal proxectado polo Concello da Pobra do Brollón. A vicepresidenta Maite Ferreiro e o alcalde Xosé Lois Maceda asinaron o protocolo que formaliza o compromiso de financiamento de cara a posta en marcha das instalacións.

O investimento dá pulo á iniciativa do goberno municipal que o pasado mes de outubro adquiriu o inmoble no que se creará o aloxamento, un edificio situado na Praza da Condesa que será restaurado e acondicionado para acoller ás peregrinas e peregrinos que opten polo Camiño de Inverno na súa ruta cara a Compostela.

Xosé Lois Maceda subliñou que “a creación do albergue consolidará a vila como punto de referencia para os peregrinos, o que suporá un reforzo para a economía local”. Ademais, apuntou, “a restauración do edificio contribuirá a embelecer e revalorizar o casco histórico”.

A vicepresidenta Maite Ferreiro indicou que “a posta en marcha do albergue suporá unha mellora dos servizos cos que conta a ruta ao seu paso pola Ribeira Sacra, unha materia pendente na que compre avanzar para que a comarca se beneficie da dinamización económica, social e cultural que xenera o Camiño”

O albergue situarase a escasos metros do paso pola vila do Camiño de Inverno, unha ruta a Compostela empregada nas peregrinacións invernais para evitar a dureza das cumes nevadas do Cebreiro.

O itinerario, que atravesa a Ribeira Sacra tras entrar en Galiza pola comarca de Valdeorras, ten recoñecemento oficial desde abril de 2016 polo que o 2021 será o primeiro A Vicepresidencia investirá 115.000 euros no albergue municipal da Pobra do Brollón no que a ruta conte con esta acreditación.

Publicacións Relacionadas