Home Lugo A Xunta achega o mundo da pesca fluvial a escolares de Triacastela...

A Xunta achega o mundo da pesca fluvial a escolares de Triacastela no marco da iniciativa Escolas de Río

- Anuncio -

Preto dunha vintena de rapaces de Infantil e Primaria recibiron unha charla sobre natureza e pesca sostible e unha clase maxistral sobre pesca a mosca a cargo do catro veces campión do mundo nesta especialidade, o galego David Arcay

A Xunta de Galicia continúa apostando por achegar o mundo da pesca fluvial aos nenos galegos a través da iniciativa escolas de río, unha das principais novidades introducidas pola Lei de pesca continental de Galicia para interesar ás novas xeracións por esta actividade e garantir así a remuda xeracional.

Precisamente con este fin a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, acompañada pola alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, visitou hoxe o CEIP Eduardo Cela Vila para participar nunha actividade didáctica promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co fin de divulgar entre o seu alumnado os valores medioambientais asociados á práctica da pesca deportiva.

O catro veces campión do mundo de pesca de salmónidos mosca, o coruñés David Arcay —que este verán se alzou coa medalla de bronce en categoría individual e por equipos no mundial de Finlandia— foi o encargado de dirixir toda a actividade, que comezou cunha charla sobre natureza e pesca sostible dirixida ao alumnado de Primaria.

A directora xeral, pola súa parte, destacou que os pescadores son unha peza clave e imprescindible no coidado e conservación dos ríos e dos espazos naturais que os rodean. Na mesma liña, subliñou que a mocidade ten por diante unha gran responsabilidade no que respecta á súa conservación, polo que garantir a súa formación e un coñecemento profundo dos espazos fluviais resulta clave para que poidan cumprir con este cometido.

Os actos organizados no CEIP de Triacastela remataron cunha exhibición de lance a mosca a cargo do propio David Arcay, unha clase maxistral que se levou a cabo no pabillón do propio colexio e contou coa participación de todo o alumnado.

Grazas á posta en marcha das escolas de río —no marco das cales desenvólvense actividades didácticas como a desta mañá, organizadas directamente pola Xunta, e outras en colaboración coa Federación Galega de Pesca— os nenos galegos teñen ocasión de coñecer os ecosistemas acuáticos, a fauna e flora fluviais, así como aprender a protexer e identificar os ríos como sinal de identidade de Galicia que hai que preservar.

Nese sentido, do Campo agradeceu poder contar nesta iniciativa coa implicación dunha figura coa traxectoria de David Arcay, todo un referente no mundo da pesca deportiva a nivel galego e internacional e un firme defensor do modelo de pesca sostible.

Ademais das escolas de río, cómpre lembrar que para achegar aos nenos e mozos galegos ao mundo da pesca a Xunta tamén está a impulsar outras medidas, entre elas, que os rapaces de ata 14 anos poidan practicar a pesca sen necesidade de sacar licenza ou a exención do pago das taxas correspondentes para todos os menores de idade.

Relacionadas

A Xunta estreita lazos con Ucraínaa nun encontro co seu embaixador en España, Serhii...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo unha xuntanza co representante diplomático ucraíno, onde lle trasladou o interese de Galicia pola situación do...

A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública cursos para o...

0
― Cervo e Baiona acollerán dúas edicións válidas para a inscrición no ‘Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia’ ―...

A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá...

0
— Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico — No caso do xabaril, o período xeral para exercer a...

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5M€ para a creación de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá...

Medio centenar de administrativos dos Centros de Saúde da Área Sanitaria de Pontevedra e...

0
― Esta formación presencial, celebrada esta mañá no salón de actos do Hospital Provincial, é froito da colaboración entre a Área Sanitaria pontevedresa e...

Rueda destaca a excelencia e compromiso dos profesionais do sector turístico que contribúen a...

0
Salienta que Galicia pechou 2023 como primeiro destino do norte peninsular No que vai de ano, a comunidade rexistrou máis de 412.000 turistas aloxados,...

Publicacións Relacionadas