Home Lugo A Xunta apoia a dinamización da veciñanza de Riotorto con melloras nos...

A Xunta apoia a dinamización da veciñanza de Riotorto con melloras nos Centros Sociais do concello

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as melloras levadas a cabo en varias das asociacións de veciños do municipio

A Xunta contribúe á dinamización da veciñanza do concello de Riotorto co apoio a melloras das catro asociacións veciñais do municipio – Escola da Asnela de Espasande de Arriba, Augaxosa, Chacín e Vilaseca- que recibiron 68.000 euros na convocatoria do ano pasado das axudas do Plan específico de acción comunitaria.

Por unha parte, tal e como puido comprobar hoxe a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, no centro social de Espasande de Arriba, a subvención de 17.000 concedida á asociación veciñal Escola da Esnela posibilitou substituír a cuberta do inmoble, xa que o tellado atopábase moi deteriorado, así como instalar un baño adaptado e unha rampla de formigón na entrada para as persoas con mobilidade reducida, ademais de dotar o edificio do mobiliario axeitado para as actividades que realiza a veciñanza.

Tamén visitou o local da asociación de veciños de Augaxosa, que cunha inversión tamén de 17.000 euros, ampliouse de maneira que o edificio conta agora con 24 metros cadrados a maiores. Deste xeito, acadouse máis espazo para a realización das diferentes actividades que organiza o colectivo veciñal, ao que a Xunta apoiou tamén coa compra de utensilios para o seu desenvolvemento.

A mesma contía recibiu a asociación de Chacín para a rehabilitación da cuberta co obxectivo de evitar humidades e a instalación dunha rampla de acceso á planta baixa, así como a adquisición de material. E no caso de Vilaseca a axuda da Xunta permitiu mellorar a accesibilidade, acondicionar e pechar o local da barbacoa, ademais do pintado de varias zonas de local e a renovación de parte do mobiliario.

Estas axudas encádranse no Plan específico de acción comunitaria, dirixidas a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións veciñais, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, nas que o Goberno galego investirá ao longo deste ano 2,5 millóns de euros.

A Administración autonómica investiu na última década cerca de 900.000 euros no concello de Riotorto, ao abeiro doutras axudas habilitadas pola Xunta para mellorar as infraestruturas e os servizos dos concellos galegos, coa finalidade última de mellorar tamén a calidade de vida dos seus veciños.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

Anxo M. Lorenzo analiza cos responsables de arquivos as accións a desenvolver nos vindeiros...

0
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro hoxe cos responsables dos cinco centros arquivísticos xestionados pola Xunta para analizar os...

A Xunta participa nun proxecto europeo de mitigación dos gases de efecto invernadoiro no...

0
― O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito á Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, acolleu días atrás...

López Campos visita a igrexa de Santa María de Sacos tras finalizar os traballos...

0
Destaca que a actuación, cun orzamento de 330.000€, forma parte do “compromiso do Goberno galego coa salvagarda dos bens patrimoniais e a súa posta...

Xosé Merelles pon en valor os entroidos tradicionais galegos como atractivo turístico en meses...

0
Participou na Estrada na presentación do programa do Entroido dos Xenerais do Ulla que inclúe actividades ao longo do próximo mes e medio O director...

A Xunta avanza na aposta pola atracción de talento emprendedor ao rural coas reunións...

0
— A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asistiu hoxe en Laxe á segunda xuntanza desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego coa...

Publicacións Relacionadas