Home Quiroga Folgoso do Courel A Xunta avanza no Plan Integral do Courel con medidas para preservar...

A Xunta avanza no Plan Integral do Courel con medidas para preservar o patrimonio natural como bancos de sementes ou produción de especies autóctonas en Viveiro

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez explica que tamén se están a avaliar as 19 solicitudes recibidas desde a comarca no marco da orde de subvencións para a rehabilitación e reconstrución de vivendas


 A comisión interdisciplinar para a recuperación integral do Courel está integrada por diversos expertos en varias materias co obxectivo de que as medidas e accións que se acometan sexan froito dunha visión e perspectivas globais

A Xunta de Galicia avanza no plan de recuperación integral da Serra do Courel con medidas de preservación do patrimonio natural que se viu afectado polos incendios forestais do pasado mes de xullo, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, en Folgoso do Courel.

Durante unha reunión da comisión interdisciplinar que foi constituída o pasado verán co obxectivo de deseñar un plan de recuperación integral da contorna, Ángeles Vázquez subliñou que xa se recibiron varias achegas, das que salientou a proposta de realizar diversos estudos técnicos para garantir a conservación da flora autóctona.

Así, nas vindeiras semanas licitarase un proxecto para elaborar unha guía para o establecemento de bancos de xermoplasma de sementes tanto de especies ameazadas e con interese para a conservación como das árbores senlleiras catalogadas nesta contorna de cara a preservar ex situ este importante patrimonio natural fronte a riscos como os incendios forestais.

A maiores, deseñarase un protocolo de actuación para a produción en viveiro de planta das árbores máis abundantes na Serra do Courel de cara á recuperación dos terreos afectados polo lume e doutras zonas sen arboredo, evitando a contaminación xenética.

Por outra banda, tamén se está a avaliar unha iniciativa para facer un seguimento da ornitofauna da zona e determinar os cambios nas poboacións locais de Perdix perdix, Aquila chrysaetos e Circus pygargus. Todas elas están incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Vivendas e infraestruturas de uso público
No que atinxe ás vivendas que se viron afectadas polos incendios forestais deste verán na Comunidade, a conselleira explicou que se están a avaliar as 19 solicitudes recibidas por veciños desta comarca no marco da orde de subvencións para a rehabilitación e reconstrución de inmobles.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sufraga o 100% do valor de reposición en caso de ruína da residencia habitual e de instalacións complementarias, e tamén ata ese máximo para cubrir os gastos de ser posible a reparación ou rehabilitación, sen que o importe poida superar os 122.400 euros. Para as residencias non habituais, a axuda pode abarcar os 61.200 euros, tanto no caso de determinarse a ruína como no de rehabilitación ou reparación.

Comisión interdisciplinar
A comisión interdisciplinar para a recuperación integral do Courel, que pretende definir unha folla de ruta a seguir para acadar esta rexeneración, está integrada por diversos expertos en varias materias co obxectivo de que as medidas e accións que se acometan sexan froito dunha visión e perspectivas globais.

Así, ademais de responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Concello de Folgoso do Courel, tamén forman parte da comisión representantes do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), do xeoparque mundial Unesco Montañas do Courel, da reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e do Courel, profesionais dos eidos da bioloxía, do paisaxismo e da arquitectura, así como membros da asociación de veciños.

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Publicacións Relacionadas