Home Lugo Friol A Xunta colabora co concello de Friol na adquisición dun vehículo para...

A Xunta colabora co concello de Friol na adquisición dun vehículo para o servizo de Medio Ambiente

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o concello onde destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e os municipios galegos en proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida da veciñanza

— Sinalou que este apoio é fundamental sobre todo nos concellos máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario lles resultaría máis complicado ou non serían posibles.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o concello lucense de Friol, co que a Xunta colaborou o ano pasado cunha axuda de máis de 30.000 euros para a adquisición dun vehículo para o servizo de medio ambiente e extinción de incendios do concello.

A Xunta apoiou ao concello de Friol na compra dun vehículo todoterreo para o servizo de medio ambiente e extinción de incendios. E tal e como indicou a directora xeral o concello carecía de vehículo co que prestar os servizos e medioambiente e extinción de incendios, xa que a brigada ambiental do Concello de Friol contaba cun único vehículo para as tarefas de xestión da biomasa vexetal, limpeza de camiños, das faixas auxiliares e control de residuos, o cal tivo importantes avarías, deixando ao municipio sen o único vehículo do que dispoñía este servizo.

No caso do concello de Friol, recibiu nos últimos anos máis de 1M€, para saneamento e mellora de acesos e comunicacións, renovación de servizos e pavimentación de beirarrúas, melloras na rede de luz pública e da eficiencia enerxética de instalacións de luz pública, así como varios parques infantís e recintos verdes. Tamén para a adqusición dun tractor destinado a labores de roza en zonas forestais, estradas e camiños municipais e de dúas desbrozadoras para labores de desbrozado e limpeza das estradas e camiños municipais

Natalia Prieto incidiu na importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza. Nesta liña, sinalou que este apoio é fundamental sobre todo nos concellos máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario lles resultaría máis complicado ou non serían posibles.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas