Home Lugo A Xunta colabora co concello de Outeiro de Rei na instalación de...

A Xunta colabora co concello de Outeiro de Rei na instalación de calefacción en edificios municipais

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as melloras financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público


― Os novos sistemas de calefacción instalados no polideportivo e ximnasio e na nave de servizos municipais contribúen á mellorar a eficiencia enerxética e prestar un mellor servizo aos usuarios

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as melloras levadas a cabo no concello de Outeiro de Rei para dotar de calefacción a varias instalacións municipais e mellorar así a súa eficiencia enerxética e a calidade dos servizos prestados aos usuarios.
A Xunta destinou a esta actuación máis de 36.400 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público para a instalación dunha caldeira de gas no polideportivo municipal e no ximnasio da edificación anexa, xunto cunha bomba de calor para a produción de auga quente sanitaria nunha nave de servizos municipais, en concreto para a xestión do mantemento e de emerxencias. Esta nave na que se completará a instalación térmica tamén conta cunha aula para impartir cursos de formación para os traballadores do concello que realizan estas tarefas, que ademais teñen á súa disposición vestiarios e aseos.
Ambas instalacións permitirán mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico. Deste xeito, acadase un menor impacto ambiental ao minorar as emisións de dióxido de carbono á atmosfera, ao mesmo tempo que se consegue un importante aforro económico para o municipio.
Natalia Prieto lembrou que a Xunta ten colaborado noutras actuacións co concello como o acondicionamento e pavimentación de camiños no marco da Orde de Infraestruturas de uso público, coa que se financian estas melloras e a través da cal o Goberno galego distribúe este ano 4 millóns de euros ás entidades locais para a creación, ampliación ou reforma das súas infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais.
Ademais, mediante o Fondo de Compensación Ambiental, Outeiro de Rei recibiu apoio da Xunta para outras melloras nesta nave para servizos municipais de protección ambiental, así como na colaboración dos gastos de funcionamento da Mancomunidade de concellos da Terrá Chá, á que pertence este municipio. En total, o investimento do Goberno no concello para levar a cabo melloras ambientais e nas infraestruturas municipais supera os 809.200 euros.

Por iso, Natalia Prieto incidiu na necesidade da colaboración entre administracións en iniciativas conxuntas que redunden na mellora da calidade de vida da veciñanza e tamén entre os propios concellos, como ocorre coa Mancomunidade da Terra Chá, para compartir recursos e evitar duplicidades.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas