Home Lugo A Mariña Central A Xunta dá o primeiro paso cara á rehabilitación dos 13 edificios...

A Xunta dá o primeiro paso cara á rehabilitación dos 13 edificios adquiridos en Mondoñedo ao abeiro do programa Rexurbe

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez incide en que Mondoñedo é o municipio máis dinámico na aposta pola restauración de inmobles para uso residencial logo de adxudicarse nos últimos días, por 360.000 €, a redacción dos proxectos de rehabilitación e dirección de obra

 IGVS e Concello analizan a posibilidade de utilizar un dos edificios adquiridos como residencia creativa e destinar outro para vivendas ou aloxamento cohousing

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou que Mondoñedo é o exemplo a seguir na aposta pola rehabilitación de vivendas para alugueiro social tras dar o primeiro paso cara á recuperación dos 13 inmobles adquiridos pola Xunta ao abeiro do Programa Rexurbe.

Logo de incidir en que “Mondoñedo é o concello máis dinámico dos plans Rexurbe”, a conselleira explicou que vén de adxudicarse nos últimos días, por un importe de preto de 360.000 euros, a redacción dos proxectos de rehabilitación e dirección de obra dos 13 edificios que xa son propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

De feito, segundo avanzou Ángeles Vázquez “a rehabilitación destes 13 inmobles suporá un esforzo importante por parte da Xunta de Galicia achegándonos aos 5 millóns de euros”.

A maiores, IGVS e Concello analizan a posibilidade de utilizar un dos edificios adquiridos como residencia creativa co fin de dar aloxamento a artistas que desenvolvan o seu labor en Mondoñedo. Tamén se estuda destinar outro inmoble para vivendas ou aloxamento cohousing, dentro da estratexia do Goberno galego para impulsar un novo modelo de coidados que garantirán a autonomía de vida das persoas, que seguirán vivindo dentro da súa contorna, pero con seguridade, benestar e seguimento profesional.

A Xunta puxo en marcha en 2017 o programa Rexurbe. Na actualidade, xa ten comprometidos máis de 31,5 M€ na adquisición e rehabilitación de 85 inmobles emprazados nos centros históricos, cos que prevé obter preto de 150 vivendas de promoción pública.

Por outra banda, xa existen 6 áreas Rexurbe —figura creada coa Lei de rehabilitación de 2019— declaradas en Galicia: Mondoñedo (febreiro de 2020), A Coruña (maio de 2020), Ribadavia (xullo de 2020), Tui (xullo de 2021), Ribadeo (decembro de 2021) e Ferrol (xaneiro de 2022).

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas