Home A Coruña A Xunta entrega equipos de excarceración para rescate aos GES de Friol...

A Xunta entrega equipos de excarceración para rescate aos GES de Friol e Mos e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Noia

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega dos tres equipos destinados a atender intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou rescates en espazos confinados ou estruturas colapsadas

― A Xunta leva investidos 21M€ no reforzo do equipamento dos servizos de emerxencias da comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega hoxe de cadanseu equipo de excarceración para tarefas de rescate e actuacións en emerxencias aos GES de Friol e Mos e ao servizo municipal de emerxencias de Noia. Ao acto tamén acudiron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Estes novos equipos supuxeron un custo total de 170.400 euros -máis de 56.800 euros cada un deles-, o que amosa o compromiso do Goberno galego coas emerxencias e co persoal que traballa neste servizo na comunidade co obxectivo que conten cos medios axeitados e necesarios nas súas intervencións.

Os equipos de excarceración entregados hoxe están destinados a atender determinadas intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas, rescates en espazos confinados ou outras estruturas colapsadas, así como calquera tipo de emerxencias de salvamento ou rescate onde sexa necesario empregar ferramentas hidráulicas de corte, separación, tracción e elevación.

Constan dos elementos necesarios para a intervención en rescate como unha bomba hidráulica, 2 mangueiras hidráulicas, 2 cizallas, un separador, un cilindro RAM separador, 2 puntais de estabilización, unha ferramenta combinada con baterías e cargador para realizar operacións de separación, corte e obturación, un protector de Airbag, un xogo de bloques e cuñas un set de cubertas protectoras e escudos protectores para vítimas e rescatadores, un rompecristais e un punzón.

Santiago Villanueva destacou que o Goberno galego é plenamente consciente do importante labor que levan a cabo os servizos de emerxencias e, por iso, colabora desde hai anos para que estes profesionais conten cos mellores medios e traballen nas mellores condicións, xa que máis preparados e equipados poderán ofrecer unha mellor resposta ante calquera incidente.

Nesta liña, nos últimos anos redobrouse o investimento en medios materiais para facer fronte ás emerxencias con máis de 21 millóns de euros, dos cales 7 millóns euros foron para os GES e 11 millóns euros para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que co seu traballo altruísta prestan un apoio fundamental aos servizos de emerxencias.

No caso dos GES, aos 7 millóns concedidos nos últimos anos súmanse outros 1,5 millóns de euros este ano con novo equipamento como os 3 equipos de excarceración entregados hoxe, xunto con camións e furgóns de emerxencias ou vehículos Bomba Urbana Lixeira. Deste xeito, a Xunta continúa a dotar aos servizos de emerxencias do equipamento necesario pese a tratarse dunha competencia local, dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación.

Dous dos novos servizos creados en 2021 – o GES de Mos/Redondela e o servizo municipal de emerxencias de Noia- contarán con novos equipos de excarceración para rescates. O equipo entregado ao servizo municipal de Noia para atender as incidencias neste municipio e nos de Lousame e Porto do Son, que tamén atende; mentres que o destinado ao GES de Mos/Redondela para estes dous concellos sedes e os de Pazos de Borbén e Soutomaior. O terceiro equipo entregouse ao GES de Friol, que xa recibiu este ano tamén un furgón de emerxencias, e que dá cobertura a este municipio de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei e Palas de Rei.

Este ano, debido á decisión das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra de rexeitar as melloras propostas pola Xunta, nestas 3 provincias manteranse as condicións actuais e na de Ourense aplicaranse nos seus 12 GES as melloras plantexadas en canto á cobertura das emerxencias en Galicia, nas condicións laborais e económicas dos GES existentes e no incremento dos cadros de persoal dos servicios de emerxencia que non contaban con 12 efectivos.

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas