Home Lugo A Xunta felicita aos 8 concellos que lograron o obxectivo de incrementar...

A Xunta felicita aos 8 concellos que lograron o obxectivo de incrementar nun 10% a reciclaxe de plásticos, latas e briks con respecto a 2021

- Anuncio -

As 73.000 toneladas recollidas o ano pasado nos contedores amarelo e azul manteñen a tendencia de incremento da reciclaxe dos últimos cinco anos

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, felicitou hoxe aos concellos que lograron o obxectivo de incrementar nun 10% a reciclaxe de plásticos, latas e bricks con respecto a 2021, no marco da campaña Únete ao reto.

Na terceira edición desta iniciativa, impulsada pola Xunta co apoio de Ecoembes, foron 8 dos 13 municipios convidados os que acadaron ese reto -Ordes, Burela, Chantada, Sarria, Verín, Cangas, Moaña e Bueu-. Cada un deles recibiu un premio de 2.000 euros para destinar a unha causa social da súa elección.

Durante a entrega de premios celebrada en Chantada, Sagrario Pérez puxo en valor o compromiso das entidades locais con esta campaña e o seu esforzo para aumentar as súas aportacións de latas, briks e envases de plásticos nun 10%, como mínimo, en comparación co mesmo período do ano anterior. Así, desde o 1 de febreiro ata o 30 de abril cada concello participante contou cun amplo programa de accións a pé de rúa, ademais dunha campaña de comunicación en medios, publicidade exterior e redes sociais co obxectivo de axudalos a activar e concienciar á veciñanza.

A maiores, a directora xeral subliñou que as 73.000 toneladas recollidas o ano pasado nos contedores amarelo e azul manteñen a tendencia de incremento da reciclaxe dos últimos cinco anos. Esta corrente positiva enmárcase no traballo conxunto desenvolvido pola Xunta, os concellos e Ecoembes para mellorar o depósito, a recollida e a posterior recuperación deste tipo de residuos.

Nesa liña, Sagrario Pérez eloxiou a participación de entidades locais en iniciativas como esta para mellorar a reciclaxe de envases no contedor amarelo e, tamén, para concienciar á cidadanía da importancia de continuar a separar correctamente os residuos domésticos.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de...

0
― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía...

O Centro Superior de Hostelería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de...

0
— En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país — É froito da colaboración...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas