Home Lugo A Xunta impulsa melloras ambientais e nas infraestruturas municipais de Sober con...

A Xunta impulsa melloras ambientais e nas infraestruturas municipais de Sober con achegas que suman máis de 76.000€

- Anuncio -
  • O Goberno galego apoiou a adquisición dun vehículo eléctrico, a reforma do parque infantil e da área biosaudable na alameda, e a mellora da eficiencia enerxética na oficina de turismo
  • As novas convocatorias de axudas aos concellos están xa abertas, con orzamentos de 3,5M€ para infraestruturas e de máis de 11M€ para proxectos ambientais

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, o concello de Sober para coñecer as melloras realizadas nos últimos anos ao abeiro da Orde para a creación ou mellora de infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais e do Fondo de Compensación Ambiental. No marco destas liñas de axudas, a Xunta impulsou nos anos 2021 e 2022 diversos proxectos con achegas que suman máis de 76.000 euros.

Diego Calvo visitou a contorna da alameda, na que se reformaron o parque infantil e a área biosaudable, así como a súa contorna, cunha colaboración do Goberno galego de 36.336 euros enmarcada na Orde de infraestruturas. Coas obras renováronse os elementos de xogo e a pavimentación a prol dunha maior seguridade, ademais de mellorar a integración das áreas na paisaxe.

Por outra banda, a través do Fondo de Compensación ambiental acondicionouse a cuberta da oficina de turismo para mellorar a eficiencia enerxética e o confort da edificación. Tamén se adquiriu un vehículo eléctrico tipo furgoneta, apostando así pola mobilidade sustentable no traslado do persoal municipal e dos materiais precisos en tarefas de protección e conservación do medio. A Xunta destinou a estas accións 9.714 e 29.960 euros, respectivamente.

O vicepresidente segundo incidiu na importancia destas liñas de axudas no marco do compromiso do Goberno galego cos concellos, como administracións máis próximas á cidadanía na prestación de servizos básicos, e co reequilibrio territorial, ao facilitar uns servizos de calidade a todos os galegos e galegas con independencia do seu lugar de residencia. Así, nos últimos anos as medidas de apoio ao eido local traducíronse en Sober en achegas que suman case 600.000 euros.

Novas convocatorias abertas

Diego Calvo lembrou que a Xunta abriu este mes os prazos das novas convocatorias da Orde de infraestruturas, dotada con 3,5M€, e do Fondo de Compensación Ambiental, cun orzamento superior aos 11 millóns de euros. “Animamos as entidades locais a participar destas medidas, que só no pasado ano impulsaron 325 proxectos en todo o territorio galego” apuntou.

Para o vicepresidente segundo, accións como as realizadas en Sober dan mostra do amplo abano de posibilidades de apoio que lles ofrece o conxunto do Goberno galego ás administracións locais a través das distintas liñas de axuda e que supoñen neste exercicio unha contía superior aos 564 millóns de euros, un 15% máis ca en 2022. A cifra inclúe o Fondo de Compensación Local, que ascende en 2023 a 143,4 millóns de euros, 17,4 millóns máis que o ano pasado. Neste marco de acción, o concello de Sober recibiu en 2022 preto de 205.000 euros do Fondo Base de Cooperación Local.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas