Home Lugo A Xunta inviste máis de 618.800€ no reforzo de equipamento deportivo de...

A Xunta inviste máis de 618.800€ no reforzo de equipamento deportivo de máis dun cento de entidades deportivas da provincia de Lugo

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de equipamento concedido a 42 clubs e federacións da cidade lucense, o que supuxo un investimento de máis de 263.400 euros


— O investimento total da Xunta o ano pasado en equipamento para o tecido deportivo suma unha dotación récord de 4,6M€


— O Goberno galego leva investidos nestas axudas máis de 10,3M€ desde 2009 en apoio á compra de material de máis de 1.700 federacións e clubs deportivos

A Xunta investiu o ano pasado na provincia de Lugo máis de 618.800 euros na adquisición de novo material deportivo de máis dun cento de clubs, sociedades e seccións deportivas da provincia de Lugo.

Na xornada de hoxe o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega do material deportivo a entidades deportivas da cidade de Lugo que resultaron beneficiarias o ano pasado da liña de axudas a equipamento deportivo. En total, 42 entidades deportivas cun investimento por parte do Goberno galego de máis 263.400 euros. Ao acto tamén acudiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

En toda Galicia acadouse un investimento histórico de 4,6M€ o ano pasado que permitiu dotar do material necesario para garantir o funcionamento de máis de 800 entidades deportivas.

No resto de provincias, na Coruña houbo 279 entidades beneficiarias desta segunda convocatoria con 1,6M€ investidos na compra de equipamento, 68 na de Ourense por 377.900 euros e 357 na de Pontevedra por máis de 1,9M€.

Na cidade de Lugo foron beneficiarias da orde de axudas 42 entidades de distintas disciplinas deportivas. Hai representación do fútbol e fútbol sala -C.D. Lugo, Club Ribeira Fútbol Sala, Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Asociación Deportiva Cultural Lugo Sala e SDC Residencia-; do ciclismo -Creto Bikes, Club Ciclista Cidade de Lugo e Club Ciclista Milagrosa-; do baloncesto -Club Baloncesto Breogán de Lugo, Club Polideportivo Maristas Lugo, Club Estudiantes e Club Deportivo Sagrado Corazón-; da patinaxe -Club Patíns Lóstregos Lucus e Club de Hóckey en liña feminino Meigas-; ximnasia – escola de danza, ximnasia e espectáculos Gravitty Lugo e escola de danza Star Dance-, e da natación – Club Natación Portamiña Lugo e Club Fluvial de Lugo- e Club Piragüismo Ciudad de Lugo .

No eido das artes marciais recibiron novo material Judo Club Lugokan, Club Judo Lugo, Club Taekwondo Valeric , Club Deportivo Lvcvs Dojo, Club Kung-Fu Lugo, Piña Team Club de boxeo, Free Dojo Club Deportivo Artes Marciais e Escola Deportiva Shihan de karate.

Entre os beneficiarios figuran ademais o Club Voleibol Emeve, Club Hípico Finca O Toxal, Agrupación Deportiva Xuvenil Milagrosa (tenis de mesa), Club de Golf Lugo, Lugo Running, Club Atletismo Lucus, Club Triatlón Cidade de Lugo, Polideportivo Lucense de balonmán, Círculo das Artes de Lugo (billar), Escola Luguesa de Xadrez, Nordic Walking Lugo de marcha nórdica, Club de Orientación Compás e Club de Tiro Olímpico San Froilán. Tamén se inclúen dúas federacións: a de tiro olímpico e a de tríatlon e péntatlon moderno.

Diego Calvo puxo en valor que a Xunta apoia o tecido deportivo da cidade lucense coa entrega de equipamento a estes clubs, sociedades e federacións. Inclúese tanto material básico como específico para levar a cabo cada disciplina, así como equipamento sanitario.

O vicepresidente segundo da Xunta lembrou que o Goberno galego leva investidos desde 2009 un total de 10,3M€ a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, resultando beneficiarias máis de 1.700 entidades.

Neste 2023, o orzamento da Vicepresidencia Segunda reserva 44M€ ao ámbito deportivo, o que supón unha cifra récord. Unha parte importante destinarase á creación ou mellora de infraestruturas deportivas cunha dotación de 18M€. Tamén se manterá o apoio ao tecido deportivo cunha achega de 7M€. Desta contía, 2M€ corresponden á orde de axudas ao funcionamento de clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo que xa está publicada, mentres que os 5M€ restantes aos convenios para colaborar con 59 federacións deportivas da comunidade.

Relacionadas

A Xunta pon en valor o papel clave da arquitectura para avanzar nun urbanismo...

0
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe en Sanxenxo no acto de entrega de diplomas dos premios Gran...

Máis de 400 persoas participarón na terceira edición do Congreso Mo_Cidade da Xunta de...

0
— Durante as súas tres xornadas celebráronse mesas redondas, conferencias, concertos, monólogos de humor e obradoiros — Fabiola García puxo en valor a importancia desta...

A Xunta e o concello Coirós destinan máis de 125.000 euros á humanización do...

0
— Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a...

Míriam Bermúdez exixe reproxectar o skatepark, por pouco útil e caro, e ofrecer alternativas...

0
A proposta do BNG sobre a creación dun Skatepark en Lodeiro, a pesares de ser aprobada en setembro de 2021 con represalias da alcadesa,...

Un total de 180 persoas poderán beneficiarse dos tres novos cursos de mariñeiro pescador...

0
— Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está...

A Xunta anima á veciñanza de Marín a aproveitar as próximas convocatorias de axudas...

0
— Heriberto García explicou os principais programas de subvencións que o organismo autonómico convocará este ano en materia de rehabilitación enerxética residencial — Tamén animou...

Publicacións Relacionadas