Home Lugo Chantada A Xunta organiza en Toboada un simulacro de incendio forestal para ensaiar...

A Xunta organiza en Toboada un simulacro de incendio forestal para ensaiar o Sistema Operativo de Emerxencias na provincia de Lugo

- Anuncio -

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá no simulacro de “Activación da situación 2” na provincia lucense por un incendio forestal en Taboada

Máis dun cento de efectivos e medios terrestres e aéreos participaron neste exercicio para comprobar a coordinación e mellorar a resposta dos grupos operativos e medios materiais mobilizados

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva participou esta mañá no simulacro de Activación da situación 2 na provincia de Lugo dende o Centro de Coordinación Operativo (CECOP) que, ante a evolución desfavorable, trasladouse á área do incendio. Tamén asistiron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

Santiago Villanueva destacou que con este exercicio trátase de simular unha emerxencia provocada por un incendio forestal próximo a unha zona de vivendas e infraestruturas de comunicacións que obriga a declarar a situación 2. Deste xeito, con este exercicio, no que participaron máis de 100 efectivos e medios terrestres e aéreos, preténdese comprobar que os procedementos de traballo e os medios humanos e materiais, operasen con total coordinación. O resultado foi positivo por parte de todos os axentes participantes.

Neste simulacro, os participantes adestraron ademais actividades que desenvolverán os grupos operativos como os alonxamentos da poboación, os cortes de estradas, a atención aos feridos, pautas de extinción, traslado dos medios e a xestión das fichas de control de medios.
Estes exercicios contribúen a reforzar a coordinación e mellorar a resposta do dispositivo fronte ao lume e todos os profesionais actúan baixo o mando único da Xunta, tal e como establece o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).
Detalles do simulacro
O simulacro comezou ás 09,30 horas, e baseouse nun suposto lume nun monte no lugar de Maxal, que podería poñer en perigo este núcleo de vivendas.
Inicialmente, activouse o Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga), en situación 0, e posteriormente dada a evolución do lume pasouse a situación 1 e a situación 2, activándose o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2021) coa mobilización dos diferentes Grupos Operativos.
A activación foi decretada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, director do plan, participando no Comité Asesor o alcalde de Taboada, o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira, a xefa territorial de Medio Rural de Lugo e un representante da subdelegación de Goberno.
No simulacro interveu persoal e medios do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Spdcif), como axentes ambientais, brigadas contraincendios e motobombas, así como bombeiros de Chantada, GES de Monterroso, Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Taboada e Chantada, persoal do concello de Taboada, Garda Civil, Policía Autonómica, 061, persoal da subdelegación do Goberno e persoal e medios da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Axega.
O Posto de Mando Avanzado (PMA) estableceuse nas proximidades do lugar de Maxal e o Centro de Recepción de Medios (CRM) no campo da festa de Bouzoa.
Durante o simulacro realizáronse accións relativas á evacuación das vivendas de Maxal e posterior alonxamento dos mesmos. Tamén se realizaron cortes da estrada LU-P-6002 entre os pq 6 e 7 e control de accesos da zona.
A intervención fíxose na zona forestal e nas vivendas próximas ao lume no núcleo de Maxal. Durante a mesma tiveron que participar medios sanitarios para evacuar a un bombeiro forestal ferido nas tarefas de extinción. Tamén se simulou a detención dun presunto incendiario por parte de Garda Civil e axentes ambientais de Medio Rural. Ás 12,25 horas a situación do simulacro do lume deuse por controlada, sen perigo para as persoas e os bens, dándose por desactivada a situación 2, coa finalización do exercicio.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas