Home Pontevedra Baixo Miño A Xunta participa na presentación das Guías Turísticas das Xuderías de Monforte,...

A Xunta participa na presentación das Guías Turísticas das Xuderías de Monforte, Ribadavia e Tui que reflicten o legado xudeo na nosa comunidade

- Anuncio -

― A Red de Juderías de España – Camino de Sefarad presentou esta mañá as tres novas publicacións destas tres vilas galegas integradas na súa rede.

― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o legado xudeu galego e o turismo cultural como elemento de atracción turística para os viaxeiros

O Hostal dos Reis Católicos acolleu esta mañá a presentación oficial das tres novas guías turísticas que a Red de Juderías de España- Camino de Sefarad ven de incorporar á súa colección para por en valor e difundir o legado xudeu no noso país, correspondentes a Monforte, Ribadavia e Tui. No acto participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a xerente da Red de Juderías de España, Marta Puig, a autora das guías, Alejandra Abulafia e os alcaldes das tres vilas, José Tome, de Monforte, Noelia Rodríguez de Ribadavia e Enrique Cabaleiro, de Tui.
“Somos unha terra chea de historia e de patrimonio e, por iso, cada vez son máis os viaxeiros que nos elixen para descubrir os vestixios da nosa historia na que o legado xudeu é amplo e riquísimo, un pasado que forma parte do noso acervo cultural e que constitúe unha parte importante da nosa identidade cultural como galegos”, explicou a directora de Turismo de Galicia.
As tres novas guías veñen a ampliar a colección de máis de 20 publicacións que xa ten editadas Camino de Sefarad, conformado un amplo católogo que permite dar a coñecer as xuderías existentes en España e o seu altísimo valor patrimonial e cultural. As publicacións nacen co obxectivo de por en valor este patrimonio, dos seus conxuntos medievais e, sobre todo, da herdanza das Comunidades xudías que os habitaron.
Desde o punto de vista turístico trátase de publicacións que, ademais, veñen a enriquecer a oferta turística cultural de calidade en Galicia, ofrecendo novas experiencias nestes enclaves das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

Publicacións Relacionadas