Home Lugo A Ulloa A Xunta reforza o equipamento dos GES de Monterroso, Cangas, Muiños e...

A Xunta reforza o equipamento dos GES de Monterroso, Cangas, Muiños e do servizo municipal Terras de Celanova con equipos de excarceración

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega deste material que suma un orzamento de case 178.000€

— Forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia este ano 13 GES da comunidade e que inclúe tamén seis vehículos para servizos varios e cinco camións autobomba


— O investimento global destinado aos GES ascende a 2M€, no marco dos máis de 24M€ investidos nos últimos anos en material a GES e aos servizos de Protección Civil

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a distintos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da comunidade, con catro equipos de excarceración. O destinatarios foron os GES de Monterroso, Cangas, e Muíños, así como o Servizo Municipal Terras de Celanova. A contía total do material ascende a 178.000 euros, 44.500 euros por cada conxunto.

Os equipos constan dunha ferramenta combinada electro-hidráulica, portátil e autónoma que permite realizar multitude de operacións a temperaturas que van desde os -20º aos 55ºC; unha cizalla de coitelas curvas válida para todo tipo de piares e de proteccións laterais de vehículos, así como para cortar materiais de alta resistencia; e dun cilindro de rescate de dous pistóns. Contan tamén con seis baterías de ión-litio de alta capacidade, tres cargadores, tres cables de alimentación e unha serra de rescate para vidro laminado, metal e madeira.

O material forma parte do reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES e que suma un investimento global superior aos 2M€. Neste marco de acción, recentemente entregáronse seis furgóns de servizos varios e cinco camións autobomba.

A Xunta aposta así por dotar os servizos de emerxencias dos concellos cos recursos precisos para o desenvolvemento do seu labor a prol da prevención e da protección da cidadanía e do patrimonio. Segundo apuntou Diego Calvo, o obxectivo é garantir as mellores condicións de seguridade e a maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

Apoio aos servizos de emerxencias locais
Nesta liña referiuse a que, pese a tratarse dunha competencia local -dos municipios de máis de 10.000 habitantes e das deputacións nos de menor poboación- o Goberno galego colabora no equipamento dos seus GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) con máis de 24M€nos últimos anos. No caso das AVPC estase a entregar tamén material da orde de equipamento do ano pasado, que conta cunha dotación de 1M€ para coitelas quitaneves, remolques, tendas de campaña para a atención ás emerxencias, vehículos todoterreo, esparexedores de sal, embarcacións pneumáticas e desfibriladores externos.

O vicepresidente segundo explicou que o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento. Tamén financia os gastos de mantemento das AVPC a través dunha orde anual que supón, de media, 340.000 euros.

Cómpre lembrar que a Xunta aprobou a finais do pasado ano a sinatura de dous convenios coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións da Coruña e Lugo para financiar o desenvolvemento dos GES destas provincias. Así, o convenio coa Deputación da Coruña ten unha vixencia de dous anos, mentres que o asinado coa de Lugo é só para este ano.

Deste xeito, ambas as deputacións que no exercicio anterior rexeitaran as melloras propostas pola Xunta aceptaron aplicalas neste 2023 cos novos convenios. Así, incrementaranse en 40.000 euros os custos salariais dos efectivos dos GES, pasando de 280.000 a 320.000 euros, co obxecto de adaptalos ao seu custo real actual. Na provincia da Coruña tamén se acordou equiparar o financiamento do servizo municipal de Noia ao resto dos GES, pasando de 155.000 a 320.000 euros.

Estas melloras xa se levan aplicando nos grupos da provincia de Ourense grazas ao acordo da Xunta coa Deputación ourensá e a Fegamp formalizado en 2022 para manter o acordo durante catro exercicios, ata 2025. No caso dos GES da provincia de Pontevedra, rexeitaran as medidas e o acordo actual vence a finais deste ano.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Publicacións Relacionadas