Home A Coruña A Xunta reforza o equipamento dos GES de Monterroso e Brión con...

A Xunta reforza o equipamento dos GES de Monterroso e Brión con cadanseu camión autobomba

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega do material
  • O equipamento forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia estes grupos na comunidade, no marco dos máis de 27M€ investidos en material de servizos de emerxencias municipais, tanto GES como Protección Civil

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024.- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe nunha nova entrega de equipamento a Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da comunidade coa cesión de cadanseu camión Bomba Rural Pesada (BPR) para os GES de Monterroso e Brión, que suman unha achega de máis de 518.600 euros, uns 259.300 euros cada un. Ao acto de entrega tamén acudiu o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Os camións destinados a ambos os grupos contan cunha capacidade de 3.000 litros e bomba centrífuga con presión combinada e lanzamento de auga en baixa e alta presión. A Xunta mantén así o compromiso por mellorar o mapa de emerxencias da comunidade e, tal e como sinalou Diego Calvo, realiza un importante esforzo para dotar os efectivos dos servizos de emerxencias dos concellos galegos dos recursos necesarios co obxectivo de que poidan levar a cabo as súas actuacións en condicións de seguridade, contribuíndo ademais a unha maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.

A entrega de hoxe forma parte do reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES. De feito, xa o pasado mes de marzo o conselleiro fixo entrega doutro camión BRP ao GES de Maceda e dun furgón de servizos varios (FSV) ao de Lobios. Os GES de Mos e A Guarda tamén resultaron beneficiarios de furgóns destas características. Con estes novos vehículos o GES de Brión mellorará a cobertura que presta a este concello e aos de Ames e Negreira, así como ao da Ulloa-Lugo-Chantada, con sede en Monterroso, que atende tamén aos de Guntín, Portomarín e Taboada.

O investimento só en equipamento para servizos de emerxencias municipais da comunidade, tanto GES como Protección Civil, supera os 27 millóns de euros nos últimos anos. Ademais, segundo aclarou o conselleiro de Presidencia, o Goberno galego asume máis da metade do custo anual dos GES e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento, pese a tratarse dunha competencia local. Tamén financia os gastos de mantemento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil a través dunha orde anual que supón, de media, 340.000 euros anuais e que este ano beneficiou 191 entidades.

A colaboración da Xunta garante que os GES sigan prestando servizo público en materia de emerxencia, protección civil e prevención de incendios forestais. Neste sentido, os grupos teñen competencia para intervir en incendios -tanto urbanos como forestais-, para definir e manter as redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e para levar a cabo prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, para crear descontinuidades da cuberta vexetal. Tamén fan prevención naqueles camiños e espazos públicos que poidan ao mesmo tempo servir de cortalumes.

Ademais, seguirán coa realización de actuacións de prevención da vespa velutina por seguridade da poboación, tales como o control e retirada de niños, entre outras actuacións. Continuarán intervindo en situacións de risco e emerxencia para manter a rede se estradas, mediante a súa limpeza a retirada de obxectos, especialmente no caso de accidente. Tamén poderán actuar no caso de situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra e situacións de seca, entre outros traballos

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

Publicacións Relacionadas