Home Lugo A Mariña Occidental Alcaldía dille agora a Míriam Bermúdez, que amañará a estrada das Pallaregas

Alcaldía dille agora a Míriam Bermúdez, que amañará a estrada das Pallaregas

- Anuncio -

Míriam Bermúdez levou neste último pleno o arranxo da estrada principal das Pallaregas, prometida por María Loureiro para, un mes máis tarde o seu concelleiro de obras do PSOE, afirmar que non se ía amañar por falta presupostaria.

As preguntas da voceira do BNG foron claras: “que pasou con esa achega que se afirmou que ía ser destinada para arranxar estas estradas das Pallaregas? onde vai ese importe que se supoñía que eran exclusivos para esta obra?”

Despois da intervención de Míriam Bermúdez, o PSOE dixo que era mentira a información que lle proporcionaron ao BNG e que se ía amañar esta estrada, aínda que a realidade é que as máquinas alí estiveron arranxando outros viais e agora non están, deixando o vial vertebrador das Pallaregas sen amañar.

“Resulta curioso que despois de estar arranxando varios viais das Pallaregas, agora coa maquinaria noutro lugar, decidan de novo volver, atrasando esta obra e tamén outras, creando un gasto en tempo e diñeiro no transporte da maquinaria innecesario” incide Míriam Bermúdez.

“Aínda que tarde, agardamos que polo menos retomen as obras nesta estrada das Pallaregas, e a poder ser, aproveiten para repasar outras masas asfálticas, pois non é a única estrada do lugar que necesita de mantementos”, rematou Míriam Bermúdez.

Relacionadas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar...

0
— Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de...

Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico con accións...

0
— O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación desta planificación coa que o municipio é, tras Mondoñedo, a segunda Área Rexurbe da...

O BNG triplicará o orzamento en cooperación para o desenvolvemento para situar a Galiza...

0
O candidato Luís Bará defende o deseño de instrumentos plurianuais máis eficaces da man do tecido asociativo para ter máis influencia nos territorios O BNG...

Publicacións Relacionadas