HomeLugoA UlloaAntas de Ulla conmemora o 8M cun amplo programa de actividades para...

Antas de Ulla conmemora o 8M cun amplo programa de actividades para poñer en valor o papel das mulleres

- Anuncio -spot_img

•Charlas, roteiro violeta, exposición e actividades participativas centran a programación do Día Internacional da Muller organizada polo Concello

O Concello de Antas de Ulla presenta a programación con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha axenda diversa que combina reflexión, divulgación e participación cidadá, co obxectivo de visibilizar e recoñecer o papel fundamental das mulleres ao longo da historia e na sociedade actual.

As actividades comezarán o luns 2 de marzo ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Antas de Ulla coa charla “Reapropiándonos do noso corpo e os nosos praceres”, impartida pola sexóloga Martina González (Radio Galega, “Con Mucho Gusto”), un espazo de diálogo arredor do benestar, a autonomía e os dereitos das mulleres.

O xoves 5 de marzo, tamén ás 18:00 horas na Casa da Cultura, terá lugar unha charla técnica sobre solo pélvico a cargo da fisioterapeuta Almudena F. Larrañaga, orientada a ofrecer información práctica sobre saúde e prevención.

O domingo 8 de marzo celebrarase o “Roteiro violeta”, unha camiñada de arredor de 4 quilómetros polos arredores da vila, con saída desde a Praza do Concello ás 16:00 horas.

Durante o percorrido poranse en valor “Mulleres relevantes de onte e de hoxe”, destacando figuras femininas de referencia. Convídase ás persoas participantes a levar algunha prenda ou accesorio de cor violeta como símbolo da xornada.

A programación complétase coa visita á exposición realizada polas nenas e nenos do Programa Municipal de Conciliación e rematará cunha chocolatada na Praza Nova como espazo de convivencia para todas as persoas asistentes.

Con esta iniciativa, o Concello de Antas de Ulla reafirma o seu compromiso coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, promovendo accións que fomenten a sensibilización, a educación en valores e a participación activa da veciñanza. Nota de Prensa

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais.

Publicacións Relacionadas