HomeLugoLugoAxentes medioambientais da Xunta percintan o acceso a un niño de falcón...

Axentes medioambientais da Xunta percintan o acceso a un niño de falcón peregrino na cidade de Lugo

- Anuncio -spot_img

Trátase dunha especie de ave silvestre en réxime de protección especial e o obxectivo da medida é garantir que nada altere o proceso de cría dos catro ovos localizados

Axentes medioambientais dependentes da Xunta de Galicia levaron a cabo unha intervención sobre un niño de falcón peregrino localizado na cidade de Lugo para evitar que o proceso natural de cría se poida ver alterado ou prexudicado por factores externos.

A tal fin, procedeuse a precintar os accesos ao niño, no que os axentes contabilizaron un total de catro ovos e que ao estar situado na ronda do Carme, en pleno casco urbano, se atopaba exposto ao paso de veciños e curiosos.

De feito, o obxectivo da medida adoptada polos axentes é protexer o niño impedindo que a xente poida acceder ao mesmo e garantir que se complete o proceso de cría sen que nada altere a tranquilidade nin dos ovos nin do exemplar que acostuma aniñar todos os anos nesta mesma zona.

O falcón peregrino está catalogado como unha especie silvestre en réxime de protección especial, unha listaxe na que se inclúen aquelas poboacións merecedoras dunha atención e protección particular, así como aquelas que figuren como protexidas en directivas e convenios internacionais ratificados por España.

Cómpre lembrar que intervencións como a realizada hai uns días na cidade de Lugo forman parte do traballo de seguimento e control sobre a fauna silvestre que corresponde aos axentes facultativos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cuxa misión consiste en garantir o cumprimento da lexislación vixente respecto de todas aquelas materia que poidan afectar ou incidir sobre o medio natural.

Publicacións Relacionadas