Home Lugo A Mariña Occidental BNG parabeniza a Loureiro por lanzar “Descubre Viveiro”, un mes despois de...

BNG parabeniza a Loureiro por lanzar “Descubre Viveiro”, un mes despois de publicarse “Viveiro en Ruta”

- Anuncio -

Míriam Bermúdez parabeniza á alcaldía de Viveiro por decidirse por fin a promocionar rutas de sendeirismo e hábitos de vida saudábeis, despois de anos de insistencia. A presión exercida polo BNG logrou que o equipo de goberno presentase a iniciativa “Descubre Viveiro”, un mes máis tarde de que a formación nacionalista puxese en marcha “Viveiro en Ruta”.

Desde 2014 que está María Loureiro na alcaldía do Concello, non se moveu ficha pola promoción de rutas de sendeirismo, foi desde que Míriam Bermúdez entrou como concelleira cando se comezou a falar desta reivindicación veciñal, para a cal o BNG presentou unha moción para a sinalización e promoción dos roteiros de sendeirismo no concello de Viveiro, no ano 2020, que solicitaba crear un apartado na páxina web do concello con rutas, xunto coa sinalización e mantemento das mesmas. A moción aprobouse por unanimidade, mais seguiron pasando os meses sen ningún tipo de avance, facendo caso omiso aos acordos acadados democráticamente.

Dous anos despois de aprobarse a moción do BNG, Loureiro permaneceu sen feitos, polo que o BNG continuando coa súa reivindicación puxo en marcha a web “Viveiro en ruta”. “Unha web que foi de éxito rotundo”, destacou Míriam Bermúdez, “cunha soa concelleira e na oposición, puxemos en marcha unha web onde atopar rutas ordenadas por distancia, con arquivos descargables, fotos das rutas, mapas interactivos e incluso perfís nas redes sociais. Todo un traballo sen ánimo de lucro feito pola asemblea do BNG de Viveiro, sen subvencionar nin contratar persoas ou empresas externas, e sen os medios dunha institución pública como é un Concello.”

“Un logro máis do BNG, que demostra que con vontade, compromiso e contando coa participación da veciñanza, todo se pode acadar, é unha mostra máis de que o BNG de Viveiro é a alternativa a gobernar Viveiro”, finalizou Míriam.

Por último, o BNG volve a parabenizar a Loureiro por contratar a unha empresa externa para realización de perfís en redes sociais, por algo se empeza, aínda que tamén lamentan que agardase a facelo ao último ano de mandato, en ano electoral.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas