Home Lugo A Mariña Occidental BNG pon en marcha a web “Viveiro en ruta” para difusión de...

BNG pon en marcha a web “Viveiro en ruta” para difusión de rutas e promoción da nosa contorna natural

- Anuncio -

viveiroenruta.com é a web que remata de pór en marcha o BNG de Viveiro e a súa concelleira, Míriam Bermúdez, ante a gran demanda veciñal e a ausencia de políticas municipais neste eido, co obxectivo de facilitar rutinas e hábitos saudábeis así como de dar a coñecer a nosa envidiábel contorna natural.

“Unha web de rutas por todo o concello de Viveiro que conta con mapas interactivos, información e fotos das rutas, estreándose xa con 11 roteiros. O obxectivo de viveiroenruta.com é ir incrementando este número de maneira significativa coa pretensión de ser un proxecto colaborativo que se nutra da participación veciñal, polo que calquera pode contribuir compartindo a súa ruta para que figure na web”, incideu Míriam Bermúdez.

“Coa incorporación desta alternativa de ocio, enriquecemos o abano de actividades en Viveiro contribuíndo de maneira real a desestacionalizar o turismo, potenciando as actividades de ocio ao ar libre e saudábeis”, afirmou Míriam Bermúdez, quen demostra con esta web que “con interese, vontade política e apenas recursos económicos, pódense sacar adiante moitas iniciativas nun Concello. Iso si, hai que querer traballar, hai que querer buscar solucións e alternativas.”

Un mandato sen feitos no goberno de Loureiro

“O Concello de Viveiro a pesares de teren dúas páxinas web, en ningunha se poden visualizar rutas ou algunha outra forma de motivación deportiva e de ocio” afirmou Míriam Bermúdez, “de feito está máis actualizada a páxina do BNG de Viveiro, cunha soa concelleira e na oposición, que a do propio Concello con 2 dedicacións exclusivas e 7 concelleiras no goberno.”

“Pero que a web do Concello estea desfasada, non é ningunha novidade” confirmou Míriam Bermúdez, “así é que levamos desde o BNG unha Moción para transformar a páxina web do Concello de Viveiro nun servizo público transparente e actualizado, pero María Loureiro decidiu tumbar a proposta a pesares de darlle o traballo feito mencionando punto por punto as fallas desta web. Tamén levamos outra moción, xa no 2020, para a sinalización e promoción dos rutas de sendeirismo, aprobada en pleno, mais tamén sen feitos.

Relacionadas

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

Publicacións Relacionadas