Home Lugo A Mariña Occidental BNG só votará a favor da Ordenanza das praias se inclúe Seriamar...

BNG só votará a favor da Ordenanza das praias se inclúe Seriamar e Arnela como praias compartidas con mascotas

- Anuncio -

A concelleira do BNG, Miriam Bermúdez, informa de que despois da moción presentada polo BNG fai un ano e as numerosas insistencias, por fin está elaborada a “Ordenanza de uso e aproveitamentos das praias de Viveiro”, presentada pola alcaldía de Viveiro en medio do verán, e polo tanto chegando xa tarde para a súa aplicación neste 2022. O BNG de Viveiro fai constar as seguintes consideracións a esta ordenanza:

En primeiro lugar, sorprende que non apareza a “Praia de Arnela” nesta Ordenanza das Praias de Viveiro, quedando desaparecida ou fóra de uso e desfrute da veciñanza, polo que solicitamos a presenza desta praia no listado.

Segundo, propoñemos no Punto 2 do Artigo 19 modificar as datas de aplicación, orixinalmente con prazos do 1 de xuño ao 30 de setembro, para que esta medida se aplique desde o 15 de xuño ao 15 de setembro. Tamén vemos necesario incluír neste apartado a excepcionalidade na prohición de animais de compañia nas praias de uso compartido, quedando o texto da seguinte maneira:

Está prohibido o acceso á praia de cans ou calquera animal de compañía dende o 15 de xuño ao 15 de setembro, de 09:00 a 21:00 horas, agás nas praias autorizadas para uso compartico de persoas con mascotas.

Por último e neste mesmo artigo, consideramos imprescindible incluír un Punto que diga o seguinte:

Establécense como praias de uso compartido, persoas e mascotas, as praias de Seiramar e Arnela.


Míriam Bermúdez afirma que “este punto é requisito indispensable para que o BNG vote a favor desta Ordenanza. Por un lado,  en cumplimento coa moción do BNG aprobada en pleno sobre habilitar lugares para cans en praias e zonas verdes de Viveiro. E por outro lado, atendendo á demanda histórica da veciñanza de Viveiro, con innumerables solicitudes presentadas ao Concello de Viveiro, así como tamén, as exitosas recollidas de sinaturas que se realizaron e foron estregadas á alcaldesa, María Loureiro, tendo polo tanto constancia desta demanda e que lle foi recordada en numerosas ocasións.

Relacionadas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar...

0
— Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de...

Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico con accións...

0
— O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación desta planificación coa que o municipio é, tras Mondoñedo, a segunda Área Rexurbe da...

O BNG triplicará o orzamento en cooperación para o desenvolvemento para situar a Galiza...

0
O candidato Luís Bará defende o deseño de instrumentos plurianuais máis eficaces da man do tecido asociativo para ter máis influencia nos territorios O BNG...

Publicacións Relacionadas