Home Lugo A Mariña Occidental Campo de Verdes sen servizos básicos e Loureiro sen capacidade resolutiva

Campo de Verdes sen servizos básicos e Loureiro sen capacidade resolutiva

- Anuncio -

Veciñanza de Campo de Verdes, en Viveiro, acumulan sustos e preocupacións pola estreitez do paso que vai cara as súas casas que impide a entrada de vehículos de servizos básicos municipais. Entre eles están os camións de bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso o habitual servizo de recollida de lixo ao non poder entrar un camión do lixo de tamaño estándar, utilizando o Concello de Viveiro un improvisado camioneto sen equipo de compactación e que nin acude ao lugar de forma diaria.

Campo de Verdes está a vivir unha situación moi similar á da Misericordia, caso denunciado e defendido tan só polo BNG hai menos de 3 meses onde María Loureiro tamén se escudou na actual ordenanza que, segundo ela, non lle permite actuar até aprobar o PXOM.

Á concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, destaca a cómoda posición da alcaldesa onde “en lugar de buscar solucións busca a desculpa para non actuar. Tampouco co PXOM se ve unha alcaldía resolutiva, con María Loureiro demostrando falta de seriedade e contundencia para a súa aprobación, tal como xa denunciamos no seu día. Cunha media de unha reunión anual, María Loureiro di estar interesada na aprobación do PXOM.”

Ademais das excasas reunións para abordar a aprobación definitva do PXOM, hai que sumar as contradiccións da alcaldía con peticións contrarias en cada reunión, por exemplo: a alcaldesa informaba en 2019 que o PXOM que estivo en elaboración durante 10 anos era mellor abandonalo e comezar cunha nova elaboración do PXOM desde cero, para logo María Loureiro na reunión do 2020, informar de que a mellor opción era continuar coa tramitación do documento elaborado anteriormente. Dúas reunións cun ano e 3 meses de marxe, con peticións á Xunta e aos técnicos municipais totalmente contrarias.

Para Míriam Bermúdez “non se están a tomar as cousas en serio e os problemas reais da veciñanza non se están a resolver. É preciso buscar os “atallos” legais necesarios que permitan o trato indiscriminado e servizos básicos por igual de toda a veciñanza do concello.”

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

A Xunta de Galicia aprobou de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz...

0
Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación...

A Xunta outorga os premios da 7ª edición do concurso de carteis escolares co...

0
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes...

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar...

0
— Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de...

Publicacións Relacionadas