Corte ao tráfico na estrada LU-P-5204, en Ribadeo

Redacción

Informámosvos de que dende a tarde deste xoves, 29 de outubro, e ata o mércores, 4 de novembro, ambos incluídos, permanecerá cortado ao tráfico un tramo da estrada provincial LU-P-5204, que vai desde a parroquia de Cedofeita ao núcleo Regocorto por Arante, no concello de Ribadeo. O corte, que se realizará en período diúrno e en días laborables, producirase entre o punto quilométrico 3,600 ao 6,700. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

Os traballos están a ser executados pola empresa Desarrollos y Metas SL e tras rematar as obras de aglomerado en quente procederase ao repintado da vía que estará condicionada polas condicións meteorolóxicas. A previsión é que os traballos estean completamente rematados este mes de novembro. 

Comparte este artigo