O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiron hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, á XLIII Feira do Viño de Amandi no concello de Sober, onde destacaron a importancia deste evento durante 43 edicións para promover a importancia da actividade vitivinícola na Ribeira Sacra e os viños desta denominación de orixe. Ademais, sinalaron que a festa, considerada de Interese Turístico, contribúe á dinamización económica e turística da comarca.